Videos

 Canal de videos en Youtube clasificados por temáticas e asignaturas.

Ata agora  942 videos traducidos da gran biblioteca de Salman Khan. Contidos de Matemáticas, Ciencias , Humanidades …(ver)

YOUTUBE EDUCACIÓN

repositorio dos videos educativos dispoñibles en toda a plataforma. En diferentes idiomas.

TED-Ed

TED-Ed é a nova iniciativa de TED para compartir videos educativos que os docentes poidan utilizar nas súas clases, a travésdunha canle de YouTube. Agora TED-Ed xa ten o seu sitio web e unha gran novidade.... a posibilidade de que os mestres poidan crear leccións personalizadas utilizando como base os videos que alí se atopan, para logo compartilos cos seus alumnos.

Facendo un repaso polo sitio de TED-Ed, verás que os videos están organizados en diferentes categorías. Pero ademais incorporáronse material complementario para realizar unha análise do contido compartido. Atoparás que ten preguntas ao estilo multiple choice, outras para debater o tema e información para seguir afondando o tema.

Pero todas esas opcións de material complementario pode ser editado polos docentes con solo escoller "Flip This Lesson". Desa forma pode substituír as preguntas e o material compartido para adaptalos aos seus alumnos.

Ao facer iso, automaticamente créase unha nova páxina privada onde só as persoas que coñezan o enlace poden visualizar. Como bonus, os docentes tamén poderán facer un seguimento do progreso na tarefa asignada de cada un dos alumnos.

Podes facer un percorrido por todas características que che comentamos que ofrece TED-Ed dende este video: