Discos virtuais

A nube está de moda. Poñer online o contido dos nosos discos ríxidos permite que o compartamos entre varios dispositivos e, á vez, quede

resgardado dun posible roubo ou dano da máquina. Neste terreo, Dropbox é o mellor.

E ten con que. O seu servizo é extremadamente práctico e intuitivo. Pero ofrece apenas 2 GB de almacenamento gratuíto (aínda que é posible aumentalo con distintos métodos).

Google Drive, o equivalente de Google,  con 5 GB gratis.  Funciona en Windows, Apple, móbiles e tabletas. Intégrase con Google + e Docs, pódese editar colaborativamente os documentos desde Drive e incluso terá un OCR para recoñecemento de textos en imaxes

Skydrive é a proposta de Microsoft. O espazo é de 7GB (suficiente para 70000 documentos de Office ou 7000 fotos), pero pódese ampliar moi doado a 25 GB

1) Vai a Skydrive.com e entra en  Windows Live ID (o mesmo que se usa para Hotmail ou Messenger) co teu nome de usuario e contrasinal.

2) Unha vez dentro, na túa conta, Fai click  no enlace: "El almacenamiento gratuito de SkyDrive va a cambiar: consigue tus 25 GB grratuitos"

3) Xa nesta pantalla fai click  no botón que di Actualización gratuita!

Listo! Unha mensaxe nos informará que o espazo foi ampliado:

E na páxina de almacenamento figurará agora 25GB:

Agora  podemos baixar a aplicación de Skydrive para Windows, Windows Phone, iPhone, iPad ou Mac e poderemos gozar deste servizo gratuíto para ter os nosos documentos, películas ou música en calquera lugar, online ou offline.

Esta é unha oferta por tempo limitado, se logo dese período os usuarios non ampliaron o seu espazo, terán que usar como tope os 7GB. Ou pagar para ter máis capacidade. (ver artigo orixinal)