PARA CREAR E XESTIONAR UN SITIO EN INTERNET
Blogger (Google) e WordPress son dúas plataformas coas que poderás crear un blog gratuíto en poucos minutos. Se vas empezar a traballar con estas plataformas, podes consultar Manual para WordPress en PDF (Mario Núñez, en Digizen) ou Titorial de blogger de Ana Ovando.No seguinte enlace tes un ampla variedade de trucos e titoriais para Blogger
Pen.io é unha aplicación que che permite crear unha pag web sin coñecementos técnicos e publicarla na rede, ofrecendoche tamén unha URL para que poidas compartir os contidos. Podes inserir texto, vídeo, imáxes que quedarán almacenadas na nube.
Non requiere rexistro. Solo has de elexir un nome para publicar a web e un contrasinal para poder editar o texto publicado. (exemplo)
Tumblr é un sistema moi sinxelo para a creación, xestión e aloxamento de microblogs.
Wix ofrece a posibilidade de crear e publicar de forma gratuíta páxinas web en flash mediante a elección dun equipo e sen ter coñecemento ningún de programación. Posúe moitas opcións de configuración e permite engadir imaxes, listas de música, formas, bloques de texto, vídeos, animacións, crear efectos... A pesar da súa sinxeleza, o resultado é moi profesional.Wix tamén pode utilizarse para crear galerías de fotos, presentacións, widgets ou cabeceiras flash para blogs e páxinas web.
Weebly permite a creación de páxinas webs e blogs sen ter ningún coñecemento de programación mediante a selección dun equipo e a súa posterior personalización. Inclúe aloxamento gratuíto.
Check This. Crear páxinas web de forma rápida e sinxela (máis información en educ@conTIC)
Flavors.me é un servizo gratuíto que permite de forma realmente sinxela crear unha web agregando os nosos perfís en Facebook, Linkedln, Flickr, Twitter, Last.fm, Tumblr, etc.
Openzine. Aplicación web para crear de forma gratuíta revistas dixitais. Permite personalizar o deseño da portada e o equipo para incluír textos, enlaces, imaxes, vídeos, etc. A revista queda aloxada na web da aplicación e pódese compartir, inserir nunha web ou blog e subscribirse.
Scoop.it é un servizo da web 2.0 para reunir e publicar nunha web, a xeito dunha revista ou xornal, os post máis relevantes sobre un tema que nos interesa, o que se coñece como "Curación de contidos".Rexistrámonos en Scoop.it cos datos que habitualmente se solicitan. Unha vez que accedemos ao escritorio podemos comezar a crear o noso primeiro "topic" dende a sección Getting Started.
Poñemos o título e facemos clic en "create your first topic", completamos algúns datos do topic e continuamos pulsando sobre o botón "Go".
Para publicar os posts no noso topic temos dúas opcións:
instalar o "bookmarklet" na barra de marcadores, desta forma cada vez que vexamos un artigo interesante accionamos o botón Soop.it! dos marcadores e quedará incluído automaticamente no topic.
A outra opción é publicar un novo post copiando e pegando a dirección URL.
Unha vez que temos todas as entradas ou post no topic podemos cambialas de sitio, eliminalas, compartilas en redes sociais, etc.
BLOGS de As Barxas
Exemplos de blogs educativos:
Blogs colectivos de profesores. (Lista de Edublogs)
Blogs de alumnos secundaria (lista)
Apoyos en red. Banco de recursos Educativos. Original de José Ramón vidal Calvelo
xiztoria (blog de sociais de secundaria)
Daniel Veiga. Blog do Ies García Barbón. Ten gran cantidade de enlaces a edublogs
Diversificación curricular (Blog de aula) (blog do profe)
Historia a por todas Utiliza el blog como centro de un planeta de blogs al servicio de la producción de trabajo colaborativo, especialmente en el desarrollo de Webquests.
WIKI
Wikispace. Espazo para a creación dunha wiki
Bluwiki permite a creación e aloxamento de wikis.
Kerika permite a creación de wikis gráficos. Máis información no blog EduTics-Tecnoloxías educativas.
MediaWiki. Software gratuíto para o desenvolvemento de wikis.
Titorial para a creación dunha wiki. Este titorial permitenos crear fácilmente unha wiki como recurso colaborativo para a biblioteca ou a aula. Pertenece a Juan Miguel Muñoz que o creou para o taller Los wikis como recurso educativo do I Congreso de Internet en el aula (MEC, xuño 2008) e que, amablemente, o cede baixo unha licencia Creative Commons. (¡descargao!)
TicdePlata.: excelente wiki de recursos por área