DESCOMPOÑER UN GIF ANIMADO on line.
Entra en esta web e poderás recuperar todas a imaxes que forman parte dun gif animado.
GALERÍAS FOTOGRÁFICAS Creative Commons.
Pixsy
Banco de imáxes e sons do Ministerio de Educación. Creative commons
Banco de imaxes e sons de libre distribución (ITE - Ministerio de Educación)
Banco de imaxes "Pics4Learning" de libre distribución para uso educativo
Freepik. podremos acceder a máis de un millón de imáxes vectoriais ye mapas de bits gratuitos.
Nesta sección encontraredes bancos, galerías e coleccións de sons, fotografías, ilustracións, animacións, vídeos, iconas e símbolos de uso libre..
MURAIS MULTIMEDIA
Glogster
É unha ferramenta para crear murais multimedia e interactivos on-line. Ofrece unha gran variedade de estilos de diseños á hora de elaborar o poster: marcos para as imáxes, fondos, bocadillos, reproductores de audio e vídeo, títulos, obxectos, ...
Permiteche grabar audio e vídeo dende o propio programa, simplemente usando o microfono e webcam do teu PC
GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
FOTOMONTAXES
EDICIÓN.
ANIMACIÓNS
SLIDE
Ejemplo:
http://mloreas.glogster.com/literatura-pinceladas-realistas
FOTOMONTAXES
IMAXES PARLANTES
Blabberize. Con Blabberize, podemos conseguir que as nosas imaxes falen en menos de 30 segundos. (titorial)
AVATARES
EDICIÓN DE IMAXES/RETOQUE FOTOGRÁFICO ON LINE.
Todos os programas de retoque e xestión fotográfica online traballan dende o navegador e adoitan funcionar en calquera sistema
operativo Windows, Linux ou Mac. Referímonos polo tanto a ordenadores de sobremesa e portátiles, para utilizar terminais móbiles e tablets haberá que utilizar aplicacións específicas para estes aparatos.
Case todos os programas de retoque online utilizan a tecnoloxía Flash e o seu plugin flash-player polo que é conveniente
telo instalado e actualizado no navegador. A parte das aplicacións que xestionan de arquivos e os almacenan na "nube" traballan con outras tecnoloxías. (fonte orixinal)
Adobe Photoshop Express Editor é algo así como o famoso Photoshop en versión mini, online e gratuíta. Ten o módulo completo para editar e retocar e outro para decorar a imaxe jpg que achamos elixido do noso equipo.
O resultado pódese gardar como jpg ou en bibliotecas da nosa rede social.
Por outro lado se temos ou creamos unha conta de Adobe teremos a posibilidade de gardar as nosas imaxes (do noso ordenador ou dende redes sociais) nun disco duro virtual persoal de gran capacidade, chamado Organizer, para xestionalas eficazmente.
Pixlr-ou-matic permítenos dar un aspecto retro, envellecido ou "distinto" á nosa imaxe a través de tres sinxelos pasos nunha interface agradable e simple que simula un laboratorio clásico co seu baño fixador, etc. As imaxes podémolas cargar do propio ordenador ou da nosa webcam.
O resultado gárdase como imaxe jpg ou pódese enviar a bibliotecas de redes sociais.
Editor é outra aplicación de Pixlr que nos permite retocar unha imaxe (do noso ordenador ou dunha dirección de Internet) ou crear unha nova por completo coas ferramentas de debuxo sinxelas pero suficientes. Inclúe traballo con capas, filtros e axustes de cor. A imaxe podémola gardar en distintos formatos de mapa de bits (jpg, png, tiff e pxd).
En español.
Photo.to ten varias aplicacións rápidas e divertidas para retoque, filtrado e fotomontaxe. Crea gifs animados predefinidos a partir das nosas fotografías.
Recoñece os rostros para crear efectos concretos. Permite cargar imaxes do disco duro ou de Internet en varios formatos pero garda o resultado só en jpg.
En español.
Fotoflexer, completo e eficaz. Con publicidade. En español.
Phixr é moi completo e distínguese polos formatos nos que nos permite gardar a imaxe retocada: png, gif, pdf ou jpg (onde podemos elixir o grao de compresión), e pola posibilidade de geolocalizarla a través dun mapa no que poderemos marcar unha posición e a gardar nos datos Exif da imaxe.
Aviary posúe 8 ferramentas gráficas online que podemos utilizar libremente, delas agora interésanos o seu completo Phoenix Image Editor. Co podemos subir do noso ordenador ou de Internet imaxes en varios formatos, retocalas, debuxar, traballar con capas, máscaras, etc.
Hai que rexistrarse para gardar as imaxes retocadas
Splashup, outra aplicación máis. Permítenos o uso de capas. Como outras ao ter tecnoloxía flash vemos os resultados dos retoques e filtros en tempo real.
Imagechef é unha divertida ferramenta2.0 para diseñar e personalizar fotos, nomes, letreiros, nubes de palabras, retratos, etc. Resulta moi útil para crear fotos de perfil de usuario e tamén para ilustrar entradas nos nosos blogs e webs. O seu uso é moi sinxelo e non é preciso rexistrarse. Imagechef ofrece gran cantidade de diseños, estáticos e interactivos, ordeados temáticamente. É unha ferramenta moi chamativa para os alumnos. (ver máis)
Picnik é unha ferramenta fabulosa para editar calquera imaxe "on line", sin necesidade de rexistrarse nin crear unha cuenta. Dispon de unha barra de ferramentas dende a cal podes realizar dende correccions básicas ata efectos de calidade profesional e retoques.
É moi fácil de usar e divertida gracias á súa selección de fontes, formas divertidas e adhesivos. Conectase directamente á todos os teus sitios favoritos como facebook, Picasa, Flikr ... Tamén che permite gardar e compartir as túas fotos on line.
Está disponible en español.
Ipiccy
Con Ipiccy podes editar as túas fotos online, sen complicacións, de forma rápida e se ter que rexistrarte na aplicación.
Tanto no traballo docente coma nas publicacións nos nosos blogs, utilizamos a miúdo imaxes e fotografías editadas previamente xa que necesitamos cambialas de tamaño, engadir efectos, enmarcalas, etc. Ipiccy é tamén unha opción interesante para os nosos alumnos, para que editen e decoren as súas fotografías.
LunaPic. È un dos mellores editores de imaxes on line. Permitenos crear imaxes con moitos efectos e animacións. Tamén permite faces slide. Ten múltiples opcións de retoque, importa imáxens de moitas fontes distintas e é unha aplicación online rápida.
ANIMACIÓNS EN FLASH
Effect Generator (On line). é unha práctica ferramenta para crear todo tipo de animacións en flash de forma sinxela. Sin necesidade de rexistro previo e con moitas posibilidades de efectos para fotos, texto ou vídeo. Poderás crear os teus propios diseños en poucos minutos e compartilos a través do correo electrónico, publicalos no teu blog ou enlazar a URL.(ver máis)
I can animate . Programa para a creación de unha película animada Stop Motion, frame a frame, de unha forma sinxela con unha simple cámara web.
Powerbullet Presenter Programa que permite de forma sinxela crear presentacións en formato flash.
TITORIAL
CREACIÓN SLIDE
PictureTrail. Ideal para a creación de Slide a base de fotografías. Ofrece a url de o código embed do slide. Exemplo:
Fe's Slidely from Fe Gb on Slide.ly.
POSTER E PANCARTAS
Prograna que che permmite crear e imprimir carteis de gran formato e moi vistosos de forma caseira cunha impresora calquera. Debes baixalo e instalalo no teu equipo.
CREACIÓN EN 3D
Coñecendo que o único programa de calidade, gratuíto, de software libre e multiplataforma (instalable en Linux) é o famoso Blender (para Linux, Mac e Windows), que xa anda pola versión 2.6, repasamos outras opcións gratuítas no ámbito windows e mac:
Daz studio4 pro (animación de personaxes).
Hexagon 2.5 (creación de modelos 3D.
Bryce 7 (creación de paisaxes tridimensionais).
Vue Pioneer. Construtor de ámbitos tridimensionais. Este programa proporciónanos uns renders profesionais.
Terragen. Outro creador de terreos menos pretencioso pero máis rápido e que nos esixe menos prestacións do noso ordenador. Tamén gratuíto nasúa versión "Classic".
Muvizu é un divertido ámbito 3D de creación de películas nas que, aproveitando os personaxes, fondos, efectos visuais, presets eanimacións prestablecidas que nos proporcionan, podemos crear unhapelícula co noso guion e banda sonora, tendo un alto control dosmovementos de cámara, luces, etc. Os resultados son renderizados en alta calidade (o seu motor de render é o galardoado Renderman) a vídeo cunha resolución compatible para ser subidos a Youtube.Debe ser instalado só en ordenadores potentes e actualizados pois aproveita moitos recursos da CPU e da tarxeta gráfica.Mira estes ejemplos. Non existe aínda versión Mac nin tampouco para Linux.
Sculptris . É un programa gratuíto para "esculpir" literalmente co teu rato ou comprimido sobre unha superficie tridimensional e crear modelos 3 D tan complexos como a túa habilidade e creatividade poidan.