Creación Actividades

Book builder é unha ferramenta para a creación de libros dixitais on line. Permite introducir texto, imaxe e audio. Aquí tes un artigo cunha pequena axuda.

Curso do CAFI de Scorm cunha lista de recursos en Scorm

Planetario virtual en 3D con millóns de obxectos. Ten licenza GNU e está dispoñible para os sistemas operativos máis utilizados.

Sitio oficial: http://www.stellarium.org/es/

Manual: http://www.frav.es/aserranos/tallerdeastronomia/pdf/tallerdeastronomia/stellarium0.10.2.pdf

Software que simula unha viaxe polo Universo. Con licenza libre GNU, iso fai que teña unha importante comunidade de desenvolvedores que crear obxectos para incorporar ao programa: planetas, cometas, naves espaciais, etc

Sitio oficial: http://www.shatters.net/celestia/

nformación e propostas didácticas con celestia: http://celestia.albacete.org/

Páxina con un listado de programas para a creación de actividades educativaspara utilizar na aula:

Exemplos: Test about instruments

                 Operacións con monomios

FERRAMENTAS DE AUTOR.

Ferramentas gratuítas que permiten crear exercicios, actividades ou outros contidos didácticos baixando un programa ao teu ordenador.

Hot Potatoes é un clásico na creación de actividades educativas. Pódense crear paquetes moi completos de actividades variadas nas que se pueden incluir fotos, audios e vídeos. Hot Potatoes es un programa de uso libre que consta de catro seccións: JCloze, JMatch, JCross, JQuiz y JMix. En educ@contic publicouse un post con minitutoriales entre os que tes un de  Hot Potatoes.

 ExeLearning é un programa con gran potencial para as nosas clases, non sólo podemos utilizarlo para crear actividades educativas senón que podemos elaborar páxinas web moi completas. En Educa con TIC tes un  post onde se expoñen las posibilidades de exe-learning para a creación de webs con contido didáctico. Podemos crear páxinas con actividades moi variadas: verdadeiro-falso, opción múltiple, enlaceá wikipedia, enlace externo, reflexión, galería de imáxes, etc.. ademáis podes incrustar todo tipo de embeds e códigos html para ilustrar e apoiar as actividades que realices. Este é o  minitutorial que está publicado en DidácticaTIC sobre exe-learning. Manual en español.  Aqui tes outro titorial de ExeLearning. Estos son algúns exemplos;

EdiLIM é unha aplicación que ofrece moitas posibilidades, non so nos sirve para crear actividades senón que podemos elaborar libros interactivos, presentacións e completas unidades didácticas nas que podemos incluir fotos, audios e gran variedade de exercicios interactivos de forma sinxela e práctica. Tes un Minitutorial sobre EdiLIM na sección DidácticaTIC.

Para a descarga en Windows dispoñemos de dúas versións

EdiLIM 3.50 . Non unicode, é unha versión liviana e que consume poucos recursos. Válida para tódolos sistemas operativos da familia Windows.

EdiLIM 4.0. Esta versión está deseñada específicamente para traballar con caracteres UTF-8 ( codificación ) , pero debido a que non tódolos sistemas Windows teñen soporte para unicode, pode que non funcione de xeito completo en windows 95-98 ou XP.

 Ardora é unha aplicación informática que permite crear máis de  34 tipos de actividades (encrucillados, sopas de letras, paneis gráficos, reloxos, etc.) en html de forma sinxela. Trátase dunha aplicación multilingüe, no menú "Idioma" pódese escoller entre galego, catalán, euskera, español, portugués (PT), portugués de Brasil (BR), inglés, aragonés, ruso, asturiano e romanés.

    Atenex (Consellaría de Educación da Junta de Extremadura). Plataforma para a creación e xetión de materiais multimedia interactivos e pra o seguimento e avaliación do proceso de aprendizaxe. Atenex é un editor que permite construír unidades didácticas interactivas de xeito doado seguindo o proceso de arrastrar e pegar.  O profesorado só ten que arrastrar os elementos que necesita á pantalla para ir creando o seu propio curso. Ademais dispón duns xestores mediante os cales pode importar imaxes, audios, videos e animacións. O Construtor de Atenex incorpora unha biblioteca de equipos e xogos interactivos predeseñados, orientados ás distintas áreas dos niveis educativos de Infantil, Primaria, Secundaria, Educación Especial e ao ensino de idiomas.

Cuadernia (Consellaría de Educación e Ciencia de    Castilla-La Mancha). Esta ferramenta ponse a disposición de toda a comunidade educativa para a creación e difusión de materiais educativos dixitais.

Trátase dunha ferramenta doada e funcional que permite crear de forma dinámica e visual "cadernos dixitais" que poden conter información e actividades multimedia distribuíbles a través dun navegador de internet, polo tanto independentes do sistema operativo que se utilice.

Posúe tamén unha versión online que permite traballar dende internet sen necesidade de instalar a ferramenta no ordenador.

   

    JClic. Ámbito para a creación, realización e avaliación de actividades educativas multimedia. JClic é un conxunto de aplicacións informáticas que serven para realizar diversos tipos de actividades: crebacabezas, asociacións, exercicios de texto, palabras cruzadas, ... As actividades adoitan presentarse en proxectos (conxunto de actividades) e seguindo unha secuencia. Descarga.

 

 

Myscrapbook. Software libre que xera libros virtuais nos que as páxinas se poden pasar coma se dun libro físico se tratase. Descarga.

    Rayuela (Instituto Cervantes). Ferramenta concibida como apoio para o profesorado de idiomas. Conta con 21 programas interactivos ou pasatempos para a xeración de exercicios do tipo aforcado, encrucillados, xogo de lóxica, opción múltiple, relacionar listas, encher ocos, crebacabezas, salto do cabalo, sopa de letras, verdadeiro/falso, ... Además destes programas, Rayuela inclúe un editor en HTML que permite publicar, tanto nunha rede local coma en Internet, actividades didácticas completas que integren elementos hipertextuais e multimedia, ver exemplos.

Squeak. Ferramenta de autor para desenvolver contidos multimedia sen ter coñecementos de programación. Squeak permite incluír nas unidades didácticas contidos de tipo texto, vídeo, son, música, gráficos en 2D e 3D, etc. Esta aplicación permite elaborar presentacións, incluír animacións e manexar todo tipo de arquivos de vídeo e son.  Está inspirada nas ideas constructivistas da linguaxe de programación LOGO e permite elaborar debuxos sen ter que utilizar outras ferramentas.

Atoparás información moi completa sobre Squeak e accesos para a súa descarga en Squeakpolis (Xunta de Expremadura).