PRESENTACIÓNS
Sliderocket é unha ferramenta 2.0 moi útil para crear presentacions completas con diferentes diapositivas, incluindo imaxes, texto, archivos flash, etc. que nos serviránpara elaborar os nosos propios materiais. Pode ser una opción práctica que sustitúa ao coñecido PowerPoint coa ventaxe de non ter que instalar ningún programas (máis información)
SlideShare e Slideboom permite aloxar e compartir presentacións (PowerPoint, Impress) e incluirlas en una web. Os arquivos pódense visualizar dende calquera ordenador aínda que non dispoña do programa Powerpoint. SlideBoom permite aloxar e compartir presentacións conservando o audio, as transicións, animacións e enlaces da presentación.
Zooshow. Crea, edita e comparte presentacións
AutorSTREAM.Ferramenta para compartir presentacións realizadas con PowerPoint en blogs, iPod ou Youtube.
Empressr amén permite aloxar e compartir presentacións en Facebook, MySpace, Blogger, WordPress, etc.
PreZentit. Permite a creación de presentacións en liña para compartilas ou descargalas en formato HTML.
Tar Heel Reader.É unha ferramenta para a creación de libros do tipo "álbum ilustrado", ideal para o desenvolvemento de materiais destinados aos que se inician ou presentan dificultades coa lectura. Permite a descarga dos libros en formato PowerPoint, Impress ou flash.
Máis información e exemplos no blog: Educación Tecnológica.
PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA. VIDEOS
Vcasmo. Para crear, editar e compartir presentacións multimedia interactivas. Ver en detalle as características.
Vuvox. Con esta completa fedrramenta é posible crear en líña presentacións e collages multimedia. Máis información en Wwwhat’s new.
Zoho Show. Ferramenta online para realizar, editar e compartir presentacións multimedia. Ver características.
Scrapblog é unha ferramenta que permite combinar diversos tipos de elementos multimedia para crear unha presentación ou un simple póster. Neles, pódense incluír fotos propias, imaxes e videos, elixir fondos e música de fondo, determinar as transicións entre diapositivas, engadir elementos decorativos ás creacións, incluír textos en forma de rótulos ou como bocadillos de texto ás fotos, editar as fotos (recortalas, corrixilas, aplicarlles efectos,...) e moitas cousas máis. O resultado pode baixar ao ordenador en forma de arquivos JPG, incluilo nunha web ou ben pode visualizarse online.
280 Slides. Aplicación gratuíta que permite crear e editar en liña presentacións multimedia (texto, vídeo, imaxes,...). Permite a creación de presentacións dende cero ou importar presentacións propias (PowerPoint, etc.) para a súa edición online. As presentacións resultantes pódense exportar a diversos formatos (incluído PowerPoint) e gardarse no equipo propio, almacenarse no seu servidor, enviarse por correo e inserilas nunha web. Ofrece a posibilidade de utilizar vídeos e imaxes propias ou realizar buscas en servizos como YouTube ou Flickr. Para gardar as presentacións hai que rexistrarse (recurso visto no blog de MartÍn Nüñez Calleja: La fragua del Tic).
PRESENTACIÓNS EN FLASH
Prezi é unha aplicación online baseada en flash coa que se poden realizar presentacións moi dinámicas e non lineais xa que permite achegar e afastar esquemas e mapas visuais que conteñan enlaces, imaxes, vídeos, palabras, etc. A versión gratuíta permite importar imaxes, vídeos, flash e PDF, compartir a pesentación (ata 100 MB), insertala nunha web ou blog e descargala para presentala sen necesidade de de conexión a internet pero a cambio leva o logo de Prezi.
CONVERSORES DE POWER POINT A FLASH
AuthorPoint Lite. É un conversor de presentacións PowerPoint a flash. É gratuíto e precisa a descarga do programa.
PUBLICACIÓN DE DOCUMENTOS. LIBROS DIXITAIS.
Isuu. Aqui tes un exemplo:
Open publication - Free publishing - More internet
Scribd. Publicar presentacións e documentos en formato slide ou scroll, Exemplo:
Bubok . Servicio para publicar libros en liña. Permite recibir unha parte dos ingresos xenerados polas ventas das obras. Máis información en Genbeta.