****CURSO 2023-2024****

Benvidos/as a un novo curso escolar. O vindeiro día 11 de setembro comezan de novo as clases e, a partir do día 12, podedes anotar aos vosos fillos e fillas ás actividades extraescolares que ofertamos este curso. Tedes toda a información no apartado de Actividades extraescolares.

O festival-exhibición das actividades extraescolares realizadas durante o curso será o próximo 7 de Xuño as 16:00 e participarán os seguintes grupos:

TEATRO

INICIACIÓN Á PATINAXE

BAILE TRADICIONAL

PANDEIRETA

BAILE MODERNO

¡Esperamos que todos as nenas e nenos desfrutasen das actividades realizadas durante todo o curso!

As actividades de teatro, baile tradicional e pandeireta están subvencionadas pola Deputación da Coruña.


 2023/2024 - Resumo actividades promovidas pola ANPA SARELA

Agredecer enormemente a toda a comunidade educativa que se involucrou nas actividades desenvolvidas no noso cole durante este curso, sempre decimos que somos un cole pequeno pero conseguiremos acadar cousas grandes tod@s xunt@s! Aquí vai un resumo das actividades deste ano:

O proxecto A cidade Intelixente consistiu no desenvolvemento de 6 microproxectos basados no uso da tecnoloxía e relacionados entre sí, no que se traballan competencias como ás matemáticas, a ciencia e tecnoloxía, competencia dixital e competencia emprendedora, fomentando o traballo en grupo, a imaxinación, a creatividade, a axuda, o respeto e a escoita activa. Esta actividade está destinada a tódolos cursos de primaria, e desenvolveuse entre os meses de novembro e xuño.

 15/12/2023 - Arqueoloxía dos sentidos 

Coñecendo o patrimonio cultural a través da arqueoloxía: neste obradoiro dirixido que se impartirá nos cursos de primaria, os participantes poden identificar a través dos diferentes sentidos obxectos atopados en xacementos arqueolóxicos e a partir deses obxectos tratarse temas como a dieta, costumes, arte, etc dos nosos antepasados. Esta tendo unha gran acollida, tanto polos alumnos como polo profesorado!

 24/11/2023 - Material para concentracións conflicto Palestina 

Despois da concentración do pasado luns 20/11/2023 en contra do xenocidio en Palestina, varias familias xuntáronse para elaborar carteis, pancartas e material propio para próximas convocatorias, tanto na escola como as que se están a convocar outros días fora do horario de escolar.

Agreder á dirección do cole pola cesión da aula de música para a elaboración do material.

 20/11/2023 - Concentración Día dos Dereitos da Infancia 

Dende a ANPA Sarela do CEIP Raiña Fabiola sumámonos a iniciativa doutras escolas de Santiago para denunciar o xenocidio do pobo palestino. 

Coincidindo co Día dos Dereitos da Infancia animamos a todas as familias a acudir á concentración o día 20 de Novembro á saída do cole (14:00).

 10/11/2023 - Robótica 

Durante este curso, xa empezaron a impartirse ao alumnado de primaria, as clases de robótica do proxecto Coñece a túa cidade. A actividade desenvólvese en horario lectivo.

Esta actividade conta coa axuda da subvención da Deputación da Coruña

 13/10/2023 - Acordo co aparcadoiro A Catedral

A Concellería de Mobilidade e Convivencia acadou un acordo ca empresa xestora do aparcadoiro A Catedral na rúa Galeras que permitirá mellorar as dinámicas de entrada e saída do centro escolar. Este acordo recolle a dispoñibilidade de aparcamento gratuíto durante 15 minutos nos franxas horarias de entrada e saída do centro escolar para todas as familias da súa comunidade escolar.

Para acceder ao aparcadoiro gratuíto, é preciso solicitar a tarxeta moedeiro nas dependencias do propio aparcadoiro presentando un xustificante de ser membro da comunidade escolar. Con esa tarxeta moedeiro permitiranse 15 minutos gratuítos de aparcamento e se se excede ese tempo, haberá que abonar a tarifa correspondente ao tempo de estadía que supere ditos minutos. O aparcadoiro A Catedral conta con vixilancia, iluminación e accesibilidade.