ANPA SARELA

(C.E.I.P. Raíña Fabiola)

10-06-2022. O venres 10 de xuño xuntámonos moitas familias do cole na Finca do Espiño. Despois de moito tempo puidemos disfrutar, tanto nenos/as como maiores, dunha agradable tarde de convivencia, xogos, música... coa participación dos grupos de baile e pandeireta do cole. Dende aquí o noso agradecemento a todas as familias que se achegaron e colaboraron. Agardamos que sexa a primeira de moitas!

09-05-2022. Hoxe os alumnos e alumnas do cole que acuden á actividade extraescolar de teatro participaron, no XXVI Certame de Teatro Intercentros, no Teatro Principal. Para o noso cole é a primeira participación, e non será a última! Fixéstelo xenial!

Con inmensa tristura temos que comunicar que esta pasada noite faleceu Marisol, a nosa conserxe. Marisol foi moito máis que unha conserxe, foi a persoa que simbolizou o espirito do Raiña Fabiola. Coñecía a tod@s @s nen@s polo seu nome, por tod@s era querida e respetada, así durante varias xeracións, tanto na antigua ubicación do cole na Carballeira de San Lourenzo como na actual das Galeras.

O seu corpo está sendo velado no Tanatorio de Montouto. Nos vindeiros días comunicaremos unha actividade colectiva de homenaxe a esta muller tan importante nas nosas vidas e d@s nos@s fill@s. Agora so podemos chorar.




27/09/2021. Convócase ás familias asociadas da ANPA SARELA á 1ª Asemblea Xeral Ordinaria do Curso 2021/2022 o vindeiro luns 04 de outubro ás 16:30 horas, no ximnasio do Centro, para tratar os asuntos contidos na seguinte

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta anterior

2. Informe e aprobación, se procede, do estado de contas

3. Informe da xunta directiva:

a. Programación de actividades na escola: robótica, dinamización lingüística, etc.

b. Programación de actividades fóra do centro: horta, excursións, locais sociais,…

c. Posibilidade de implantar servizo de muda en infantil

d. Reunións coa dirección do centro

e. Organización do material en infantil

f. Actividades extraescolares

4. Representación da ANPA no Consello Escolar

5. Participación nas Comisións da FANPA: Comedores, NEAE, Actividades extraescolares, …

6. Rogos e preguntas


18/09/2021. Publicouse na web do Concello de Santiago a resolución definitiva da convocatoria de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares. Toda a información na web do concello:

http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/anuncios.php?lg=gal#4607