****CURSO 2022-2023****

9 xuño 2023. Esta tarde celebramos a tradicional festa de fin de curso das actividades extraescolares organizadas pola Anpa. 

O clube de triatlon Santiago Inforhouse visitou o cole e falou do seu deporte ao alumnado de 4º de primaria. Deixounos tamén unha camiseta asinada!

5 xuño 2023. A doutora María Xesús Castro, do 061, impartíu unha charla de Primeiros Auxilios para o alumnado de 4º e 5º de primaria. 

Maio 2023. Durante este mes estiveron expostas no cole as fotografías do 4º Concurso de Fotografías pola Igualdade organizado pola Fanpa:

Tamén durante o mes de maio concluiron as clases de Robótica do Proxecto Coñece a túa cidade, impartidas ao alumnado de primaria. Esta actividade conta coa axuda da subvención da Deputación da Coruña

24-26/05/2023. Esta foi unha semana moi intensa no cole!. O día 24, o alumnado de 5ºe 6º de primaria disfrutou dunha charla sobre o funcionamento do noso cerebro con Xurxo Mariño. E o día 26, o alumnado de 3º de primaria realizou unha actividade sobre o Dadaísmo coa artista plástica Ana Gesto, mentres que o de 1º e 2º de primaria disfrutou dun contacontos con Soledad Felloza. Este último formaba parte do proxecto de Igualdade da Fanpa. 

15/05/2023. O alumnado da actividade extraescolar de Teatro do Raíña Fabiola participou no XXVII Certame de Teatro Intercentros do Concello de Santiago de Compostela, no Centro Xove da Almáciga. Aquí tedes algunha foto dese día. Fixérono xenial!

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

01/03/2023. Como sabedes o Concello de Santiago convocou as bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o vindeiro curso. Deixámosvos esta guía para cumplimentar a instancia:


AXUDA CUBRIR SOLICITUD BECAS.pdf

Este curso retomamos unha actividade de longa tradición no noso centro, que por mor da pandemia non

tivo lugar dende o curso 18-19: a viaxe-xuntanza familiar a Portugal, a finais do mes de maio.

Destino: Guimarães (Portugal). 

Na volta pararemos no Eco-parque Pé Descalço e na vila de Ponte de Lima.

A preinscrición debe facerse antes do vindeiro venres 3 de febreiro, na conserxería do cole, mediante un depósito de 60 euros por familia. 

Tedes toda a información no seguinte documento: 

Excursión Portugal maio 2023 .pdf

21/12/2022. O día 21 de decembro, antes das vacacións de Nadal, o alumnado de Ed. Infantil tivo a sorte de disfrutar dunha sesión de contacontos con Cris, bibliotecaria e contacontos. Esta actividade foi organizada pola Anpa, contando coa /subvención da Deputación da Coruña.

PROXECTO ROBÓTICA. Xa deu comezo o proxecto de robótica, polo momento co alumnado de 6º de primaria, ao que seguirán o resto de cursos. Aquí tedes algunhas fotos!