PRÓXIMAS ACTIVIDADES
📅 10/11 – Sesión II: De corpo a corpo
📍 Lugar: Espacio Mandala
Dispoñible servicio de ludoteca previa solicitude a anpa.rainha@gmail.com
Queremos convidar a todas as familias que teñan interese en construír unha escola máis inclusiva a participar neste primeiro encontro.
Será un espazo para compartir ideas, experiencias e inquedanzas, e para comezar a tecer rede entre quen cremos que a diversidade é unha riqueza e que a inclusión constrúese entre todas.
📅 Martes, 11 de novembro ás 16:00 h
📍 CEIP Raíña Fabiola
Organiza: Comisión de Diversidade e Xénero da ANPA Sarela
NOVIDADES
Xa temos aquí as nosas charlas da man de Beatriz Viñal, psicóloga e sexóloga, que impartirá catro sesións:
🗓 13/10 – Sesión I: Na procura dos falsos mitos
🗓 10/11 – Sesión II: De corpo a corpo
🗓 24/11 – Sesión III: Xénero, orientación e diversidade
🗓 15/12 – Sesión IV: Desexo e pracer. Situacións da vida real
⏰ Horario: 17:00 h – 19:00 h
👨👩👧👦 Destinadas a todas as familias, tanto do noso centro como doutros pertencentes ás ANPA da FAMPA Compostela.
📍 Lugar: Casa das Máquinas
Xa están aquí! Abrimos a inscrición para as actividades 2025/2026. Podes consultar o cadrante horario ampliando a imaxe e acceder ao formulario de rexistro no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/1fnrGUOM0Hr6RH-KwBhWFTudCorm23nDpx7p0anX0iUM/viewform?edit_requested=true
Período de rexistro finalizado. Contacta connosco a través de anpa.rainha@gmail.com
Marta de la Calle, logopeda e integrante da ANPA Sarela CEIP Raiña Fabiola, acaba de presentar «A Historia de Ana», un conto que busca sensibilizar sobre a aceptación da diversidade e combater o acoso escolar nas escolas galegas. Este proxecto naceu dunha comisión impulsada por nais profesionais da psicología e a educación, que viron a necesidade de fomentar valores de respecto e convivencia entre o alumnado.
Preme aquí e coñece máis sobre o Grupos de Traballo de Diversidade e Xénero.
Neste curso están botando a andar varios grupos de traballo que pretender enriquecer a actividade da ANPA, promovendo actividades, partillando contido para as crianzas e familias... aquí vos deixamos as actuais:
Grupo de Traballo de Diversidade e Xénero: Este grupo pretende traballar dun xeito transversal a educación afectivo sexual e a diversidade; entendendo ambos como eixos sobre os que debe desenvolverse unha infancia respectuosa, feliz e en harmonía na sociedade
Grupo de Traballo Entroido: preparación de todo o necesario para organizar unha comparsa que participe no desfile de entroido en Santiago de Compostela.
Grupo de Traballo Excursión Portugal: a organización desta actividade tradicional da ANPA necesita da implicación de familias promotoras para a súa continuidade.
Grupo de Traballo de Diversidade Lingüística: Este grupo busca promover o valor da diversidade lingüística como unha riqueza que fortalece a convivencia, a identidade e o respecto pola pluralidade. Traballarase para fomentar a tolerancia cara todas as linguas presentes na comunidade educativa, e tentaremos impulsar o uso do galego de maneira positiva e natural, evidenciando as vantaxes do plurilingüismo tanto individual como colectivo como elemento chave nunha sociedade diversa e plural.
Moitas gracias a todas as familias!! Se tedes máis suxerencias, por favor, enviade un correo a anpa.rainha@gmail.com
Máis información no seguinte enlace.
A nosa mente non para...seguimos pensando en novas actividades que podemos impulsar dende a ANPA! E como resultado cremos que este Troco de libros pode ter beneficios para toda a comunidade educativa! Prolongaremos a vida destes maravillosos libros con economía circular!
Recolleránse libros infantís en bo estado dende o 4 de Novembro e o día 22 de Novembro (ubicación pendente de definir) organizarase unha exposición con todos eles na cal poderás levar tantos libros como deixaches. Colabora!