Após dous anos de xenocidio retransmitido en directo na Franxa de Gaza e en Cisxordania as leis internacionais, a Carta dos Dereitos Humanos e Os Dereitos da Infancia son sistematicamente vulnerados e violados polo estado de Israel.
Non queda xa unha soa escola en pé, hospital ou calquera lugar seguro para as crianzas e as súas familias. Xentes sen auga, comida, electricidade, medicamentos... sendo bombardeadas día e noite, sometidas a un sufrimento totalmente deshumano. Morrendo por bombardeos ou por desnutrición.
Despois do secuestro por parte do Estado xenocida de Israel, dos barcos da Global Sumud Flotilla onde cidadáns civís levaban axuda humanitaria á costa de Gaza. Voluntarias e voluntarios de máis de corenta países que puxeron os seus corpos a favor da humanidade.
A ANPA Sarela do CEIP Raíña Fabiola, unímonos a este clamor, que alza a súa voz dende cada recuncho do planeta, e solidarizámonos co Pobo Palestino e co seu sufrimento.
Apoiamos e convidamos a secundar a Folga Xeral convocada o día 15 de outubro, así como a asistencia ás mobilizacións.
Nun mundo onde as leis internacionais son papel mollado e non nos protexen, que sexa o amor e tenrura entre os pobos os que deteñan este xenocidio.
Por un mundo e un futuro mellor para todas as infancias.
Por Palestina, pola humanidade!