Proxectos no cole

A ANPA desenvolveu unha serie de proxectos e actividades no cole ao longo do curso académico 2021-2022:

Robótica: Proxecto "A Cidade intelixente"

A actividade desenvólvese en horario lectivo e ten unha duración total de 45 horas (5 horas por grupo, 1 hora semanal).

Dirixido a todo o alumnado de primaria. Inicio en outubro 2021.

Será realizada por especialistas na materia en quendas na aula de informática ou nas propias aulas aproveitando os equipos Abalar.

O alumnado estará acompañado polo seu profesor-titor.

A través de metodoloxías como a robótica e o deseño 3D e o traballo en equipo do alumnado vai coñecendo e poñendo en valor o seu contorno máis inmediato. Un contorno que no caso do Ceip Raíña Fabiola é especialmente acaído. Trátase dun barrio onde conviven a cidade histórica de Santiago, o contorno natural do río Sarela, estruturas tradicionais e o propio edificio da escola, considerado ben de interese arquitectónico.

**Esta actividade conta cunha subvención da Deputación da Coruña mediante o Programa FO203 de Subvencións a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2021


Actividade: Coñecendo o patrimonio cultural e etnográfico da nosa contorna.

O Catálogo de Bens Culturais do Plan Xeral de Santiago recolle un total de 13 gravados ao aire libre en diversas zonas do municipio. Os petróglifos de monte Vilastrexe, Barrosa (Roxos), do monte Pedroso, de Correxíns, de Codesedas, do Campo (Figueiras), etc. Destas gravados 8 quedan na área de influencia do centro, así como outros non catalogados.

Con esta actividade pretendemos dar a coñecer o patrimonio cultural, arquitectónico e cultural máis próximo do noso alumnado. Tamén dar a coñecer os valores naturais e culturais da nosa contorna para que os participantes adopten actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable. E, por suposto, educar en valores de respecto e coidado da natureza.

Unha das actividades previstas é un roteiro explicativo para dar a coñecer este patrimonio para os cursos de 3ºA, 3ºB, 4º, 5ºA, 5ºB, 6ºA e 6ºB de educación Primaria.

Datas por confirmar.

**Esta actividade conta cunha subvención da Deputación da Coruña mediante o Programa FO203 de Subvencións a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2021

Charlas de Amig@s do Raíña Fabiola

Esta actividade consiste en convidar a persoas que teñan algún tipo de vinculación co centro e cuxa vida profesional ou persoal estea orientada a algunha actividade con especial interese para o alumnado. Trátase de que os nenos e nenas descubran que dentro do seu contorno social hai persoas que se dedican ao mundo deportivo, artístico, científico, etc. e que llo poden transmitir e valorizar.

A realización das charlas será en horario lectivo durante os meses de novembro a xuño para os grupos de Infantil e Primaria.

Actividade: Coñecendo o patrimonio cultural galego da época do Nadal.

Actividades vinculadas á nosa tradición da época do Nadal, sempre desde unha perspectiva harmónica coa dinámica habitual de cada aula: lecturas, charlas, contacontos, etc.

Estas actividades están pensadas fundamentalmente para o alumnado de Infantil durante o mes de decembro.


**Esta actividade conta cunha subvención da Deputación da Coruña mediante o Programa FO203 de Subvencións a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2021