Amig@s do Raíña Fabiola

Durante o curso académico a ANPA vai convidar a persoas con algún tipo de vinculación co centro e cuxa vida profesional ou persoal estea orientada a algunha actividade con especial interese para o alumnado. Trátase de que os nenos e nenas descubran que dentro do seu contorno social hai persoas que se dedican ao mundo deportivo, artístico, científico, etc. e que llo poden transmitir e valorizar.

A realización das charlas será en horario lectivo durante os meses de novembro a xuño para os grupos de Infantil e Primaria.

Estas persoas invitadas reciben como agasallo de parte da ANPA unha lámina do cole realizada polo artista Mariano Casas.

MARZO 2022

O día 31 de marzo, John Acción e Catalina Sánchez, controladores aéreos, impartiron unha charla ao alumnado de 3º de primaria para explicarlles o funcionamento do control aéreo. Pasarono moi ben, estiveron moi atentos e aprenderon un montón de cousas!

MARZO 2022

Co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o alumnado de 1o e 2o cursos de primaria levaron a cabo unha actividade chamada “Cada muller, un mundo”, impartida pola artista plástica Ana Gesto, licenciada en Belas Artes, dedicada ao arte visual e performance e nai dunha alumna de 2º de primaria. Como resultado da actividade realizouse un mural no frontal do ximnasio:


DECEMBRO 2021

Débora Iglesias, que traballa na Universidade de Santa Bárbara, California, visitou o cole para falarlles ao alumnado de 4º de primaria sobre "O cambio climático e os océanos".