Actividades extraescolares 2023-2024

Periodo de inscrición nas actividades extraescolares para o actual curso 2023-2024: 

12-19 setembro


Todas as actividades son xestionadas pola empresa ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA-GRUPO ACTEX (teléfono 691-475-060)

Para participar nas actividades extraescolares é necesario pagar unha matrícula de 21 euros por curso e familia. ESTA MATRÍCULA É GRATUÍTA PARA AS FAMILIAS QUE SE ASOCIEN Á ANPA NO CURSO 2023-2024 (ver apartado "Asociarse")

A inscrición nas actividades realizarase EXCLUSIVAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO e por estrito orde de solicitude. O prazo de inscrición será entre o 12 e o 19 de SETEMBRO. O enlace para formalizar a inscrición é o seguinte: https://actex.argosgalaica.com/inscripciones/R.FABIOLA

Unha vez recibidas e revisadas as inscricións comunicarase por correo electrónico se o voso fillo/a foi admitido na mesma ou se queda en lista de agarda. Para que as actividades se poidan desenvolver necesítase un mínimo de 8 alumnos/as. No caso de que nalgunha actividade non se acade o mínimo informarase de tal circunstancia por mail. 

O COMEZO DAS ACTIVIDADES está previsto para a semana do 2 DE OUTUBRO e que continúen de forma regular ata final de curso.

FORMA DE PAGO: A DOMICILIACIÓN REALIZARASE DO 1 AO 10 DE CADA MES NA CONTA INDICADA POR CADA FAMILIA. PARA CURSAR A BAIXA NUNHA ACTIVIDADE É NECESARIO COMUNICALO Á EMPRESA POR TELÉFONO OU CORREO-E ANTES DO DÍA 20 DO MES ANTERIOR. (As devolucións de recibos supoñen un recargo de 4 €).

PREZOS:

• Actividades 1 hora á semana (todas excepto patinaxe e cociña): 14,50 €/ mes

*A actividade de Pintura ten unha cota anual de 25 € en concepto de materiais.

• Actividades 2 horas semana (patinaxe e cociña): 22 €/mes

*A actividade de Cociña ten unha cota de 15 €/trimestre


Para mais información sobre as actividades podedes contactar coa empresa no teléfono 691475060 ou no mail santiago@actex.es


As actividades de teatro, baile tradicional e pandeireta están subvencionadas pola Deputación da Coruña.