Tras conseguir o Manto de Neón, os mercenarios chegan a unha zona do planeta onde o chan deixa de ser metálico e se transforma en cristal transparente.
No seu interior poden ver luces, lembranzas, escenas antigas… coma se Vor’taal tivese unha memoria propia.
Unha voz profunda, calmada e antiga resoa dende debaixo do chan:
“Quen non lembra o que foi, non poderá comprender o que será.
A Pedra da Memoria Eterna, nome co que se coñece ao CORAZÓN DE TIRNAH, só responde ao saber ben gardado.”
Ante eles ábrense catro portas circulares, cada unha iluminada cunha cor distinta. Cada porta garda unha proba.
🌧️
A primeira sala é unha enorme cúpula onde chove, evapora e condensa simultaneamente.
No centro aparece un holograma incompleto do ciclo da auga.
Os mercenarios deben explicar oralmente ou por escrito todo o ciclo da auga
Cando completan a explicación, o holograma acéndese e forma unha onda de luz que abre a porta ao seguinte desafío.
🌍
A sala seguinte proxecta un enorme mapa interactivo do continente africano.
A voz di:
“A memoria tamén é coñecemento compartido.”
Os mercenarios deben crear un Kahoot con 10 preguntas sobre África.
Cando finalizan o cuestionario, o mapa acende os seus puntos de luz e forma un triángulo dourado que marca a entrada á proba número tres.
🌍
Chegan a unha sala circular onde flotan textos incompletos.
A voz fala:
“Sen norma, non hai memoria.”
Deben crear un vídeo curto no que expliquen con claridade as regras do uso das comiñas en galego.
Unha vez gravado o vídeo, as comiñas proxectadas na sala colócanse en orde e forman un camiño de luz branca cara á derradeira proba.
🌍
Nunha sala chea de reloxos, hai engrenaxes flotantes e números que cambian de posición.
A voz di:
“Quen domina o tempo, domina o recordo.”
Os mercenarios deben inventar o enunciado dun problema matemático no que:
Se sumen medidas de tempo
Se resten medidas de tempo
Cando o fan, todos os reloxos se detén á vez… e aparece un círculo brillante no chan.
⚔️
COMBATE FINAL — O GARDIÁN DA MEMORIA
Do círculo de luz ascende unha figura enorme feita de cristal e metal antigo.
Os seus ollos conteñen escenas, lembranzas e imaxes doutros mundos.
É o Gardián da Memoria Eterna, protector da pedra.
“Só quen é forte abonda para levar o pasado consigo poderá recibir a pedra.”
Forza do inimigo: 6
O grupo lanza dous dados de 6 caras.
Se a suma supera 6, derrotan ao Guardián.
Se NON superan 6:
Cada membro do grupo perde 1 punto de forza
E deberán repetir a tirada na seguinte rolda.
Cando finalmente o derrotan, o corpo do Guardián fragmentase e unha delas queda latendo…
🜃 RECOMPENSA: O CORAZÓN DE TIRNAH
A pedra aparece rodeada de luz dourada e azul.
Ao collela, o grupo sente un recordo antigo e poderoso atravesando a súa mente.
“Lembrade sempre quen sodes… e por que loitades.”
O grupo anota no Caderno de Xogo o cuarto obxecto máxico conquistado no planeta Vor’taal:
🜃 O Corazón de tirnah: A PEDRA DA MEMORIA ETERNA