Jean-Pierre Sauvage naceu en París en 1944, e desde moi novo mostrou curiosidade pola natureza e pola química, experimento tras experimento no seu modesto laboratorio doméstico, separando clorofilas ou destilando mesturas feitas con plantas. Logo do bacharelato ingresou nas clases preparatorias, etapa de rigor no sistema educativo francés na que aprendeu disciplina e profundidade científica, e despois foi admitido na Escola Nacional Superior de Química de Estrasburgo, onde se foi formando con paixón pola química física e orgánica. En 1971 obtivo o seu doutoramento pola Universidade Louis-Pasteur en Estrasburgo baixo a dirección de Jean-Marie Lehn, con quen traballou na síntese de compostos criptandos e cryptates, moléculas capaces de encapsular ións metálicos, o que lle proporcionou unha base sólida en química supramolecular e espírito de innovación.
Despois do doctorado viviu unha estadía postdoctoral en Oxford, no laboratorio de Malcolm L. H. Green, onde se acercou á química dos metais de transición e á química organometálica, aprendizaxes que lle servirían para completar os seus futuros proxectos. Ao regresar a Estrasburgo incorporouse ao CNRS no ano 1971, onde iniciou unha carreira que o levou a ser director de investigación entre 1979 e 2009, a exercer como profesor universitario de 1981 a 1984, e finalmente a converterse en profesor emérito da Universidade de Estrasburgo. O seu laboratorio está asociado ao Instituto de Ciencia e Enxeñería Supramoleculares (ISIS-CNRS/Universidade de Estrasburgo), onde segue colaborando no desenvolvemento de investigacións punteiras.
O núcleo do seu traballo científico céntrase na química topolóxica molecular e nas máquinas moleculares: Sauvage foi quen sintetizou por primeira vez en 1983 un catenano, dúas anelas interrelacionadas mecanicamente, capaces de moverse unha respecto da outra, rompendo cun concepto estático da molécula. Esa idea abriu o camiño ao deseño e síntese doutros sistemas moleculares con movemento controlado: rotaxanos, nudos moleculares, “músculos moleculares”, sistemas que cambian de conformación ao responder a sinais luminosos, eléctricos ou térmicos. Tamén investigou en modelos de centros de reacción fotosintética e na redución electroquímica do CO₂, contribuíndo á busca de solucións para retos ambientais e enerxéticos.
Sauvage recibiu numerosos recoñecementos ao longo da súa vida: medallas do CNRS, premios nacionais e internacionais, foi elixido membro da Academia Francesa das Ciencias, foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra, Grán Oficial da Orde Nacional do Mérito, Doctor Honoris Causa en diversas universidades, e finalmente en 2016 gañou o Premio Nobel de Química xunto con Fraser Stoddart e Bernard L. Feringa «polo deseño e síntese de máquinas moleculares».
"Ese tipo de moléculas considerábase imposible de facer a unha escala razoable na década de 1980", dixo Sauvage. "Descubrín que era un desafío moi interesante etiña unha boa idea de como facelo". Este enfoque representa unha das filosofías crave da vida de Sauvage. "Cando era un novo membro da facultade, era moi aventureiro, comecei o meu grupo; creei varios grupos e proxectos. Si tes unha idea de que algo émoi novedoso, faino. Usa o que sabes, comeza nun novo campo, ata si non es un experto nese campo. Sé aventureiro, sei seguro de ti mesmo, se fallas, ninguén chematará ".
Nunha entrevista declaraba: “The Nobel is very special, it’s the prize most scientists don’t even dare to dream of in their wildest dreams.” (O Nobel é moi especial, é o premio que a maioría dos científicos nin sequera ousan soñar nos seus soños máis salvaxes). Tamén subliñaba que traballa en ciencia básica “que é a orixe de todo: da medicina, das novas tecnoloxías; en definitivo, de todo aquilo que nos proporciona un maior benestar”.
A súa traxectoria representa unha pegada marcada pola constancia, pola capacidade de imaxinar o que aínda non existe e pola valentía para explorar áreas da química que eran consideradas puramente teóricas ata que el e o seu equipo demostraron a posibilidade de que moléculas fagan movementos controlados. Sauvage non só transformou moléculas estáticas en obxectos dinámicos senón que axudou a abrir un campo que promete aplicacións futuras en nanomedicina, almacenamento de enerxía, materiais intelixentes e en xeral no deseño de sistemas moleculares que ata hai pouco se crían imposibles.