VII Edición Premio Stephen Hawking
COORDINADORA: Dra. MARISOL SOENGAS
Maria Soedade Soengas González naceu en Agolada, Pontevedra (España), en 1968. Iniciou a súa carreira científica como estudante de licenciatura na Universidade da Coruña e posteriormente na Universidade Autónoma de Madrid, onde se licenciou en Bioloxía Molecular. Alí doutorouse con Matrícula de Honra polos seus estudos sobre os mecanismos moleculares da replicación do ADN no laboratorio de Margarita Salas, no Centro de Bioloxía Molecular «Severo Ochoa».
En 1997 trasladouse ao grupo de Scott Lowe no Cold Spring Harbor Laboratory, New York (USA), onde avaliou o papel da apoptosis como mecanismo supresor de tumores, con especial atención ao melanoma. En 2002 incorporouse ao Departamento de Dermatoloxía da Universidade de Michigan para desenvolver un programa de investigación básica sobre o melanoma. O seu grupo definiu novos mecanismos moleculares subxacentes ao comezo, a progresión e a quimiorresistencia do melanoma humano.
Desde 2008, Marisol Soengas lidera o Grupo de Melanoma no CNIO. O principal obxectivo do seu equipo é trasladar a investigación básica en melanoma á clínica mediante a identificación de novos marcadores desta enfermidade e dianas para o desenvolvemento de fármacos.
Marisol Soengas recibiu bolsas e premios do Programa Fronteiras Humanas da Ciencia e da Sociedade Americana de Leucemia e Linfoma. Tamén recibiu o Life Science Biomedical Scholar Award da Universidade de Michigan, o Diana Ashby Young Investigator Award da Society for Melanoma Research e os Career Development Awards da American Dermatology Foundation, a Elsa V. Pardee Foundation e a V Foundation for Cancer Research. Recibiu o Women in Science Research Team Science Award de L'Oreal-Melanoma Research Alliance e o Premio Pezcoller-Marina Larcher Fogazzaro for Women in Cancer Research. Tamén foi galardoada co Premio M. Josefa Wonenburger da Xunta de Galicia.
Entre todas as investigacións que realizou desde a súa chegada ao CNIO, destaca o desenvolvemento do modelo de rato MetAlert -por Alerta de Metástase-, que revela como se diseminan as células do cancro polo organismo para partir do melanoma inicial. Traballando con ratos MetAlert, Soengas está a investigar agora como previr a aparición de metástase e mellorar o seu tratamento nun proxecto que a Unión Europea financiou con 2,5 millóns de euros.
Ademais do seu labor académico, Soengas foi cofundadora de Bioncotech Therapeutics (agora Highlight Therapeutics), a primeira empresa española en levar un axente inmunomodulador a ensaios clínicos en pacientes con cancro.
Marisol Soengas non solo se destaca polo logros científicos, senon tamén polo seu activo papel na promoción das mulleres na ciencia: lidera a iniciativa "Conócelas" de ASEICA, que busca dar visibilidade ás mulleres investigadoras en oncología. Ten sidoa recoñecida entre as Científicas e Doutoras Clínicas más Influintes e elexida como Top100 de Mulleres Influintes en España.
Preguntada sobre o consello para as mozas interesadas nas áreas científicas, Marisol Soengas responde:
“Que no se autolimiten, espero que un día la pregunta deje de ser qué dificultades voy a tener siendo mujer, si no, simplemente, qué quiero ser. Las oportunidades no vienen solas hay que trabajarlas”
Nun dos seus discursos, e respostando a pregunta que unha vez lle fixo seu avó: «neniña, pero eso que ti estudas, para qué sirve?» Marisol Soengas di:
“Deixolles cunha mensaxe de esperanza: a comunidade científica traballa cun horizonte dun 70% de supervivencia global en cáncer para o ano 2030. Espero que estén de acordo en que aquela pregunta do meu avó pode tornarse nunha afirmación positiva para un titular. Neniña, a ciencia sirve. A ciencia salva vidas; impulsémola e comuniquémola como se merece”
DATAS PARA LEMBRAR:
14 de Febreiro: envío da autoría e título do traballo (Formulario de inscrición)
18 de Marzo: envío da memoria do traballo.
28 de Marzo (ampliada ata o 31 de Marzo): envío do póster e do video.
2 de Abril: listaxe de traballos seleccionados.
8 de Abril : defensa pública dos traballos seleccionados
INFORMACIÓN DE PRENSA
Diario de Compostela
Galicia Press
El Correo Gallego 1
https://www.elcorreogallego.es/santiago/2024/11/18/o-ies-rosalia-castro-convoca-111790606.html
El Correo Gallego 2
Faro de Vigo
Cadena Ser (A Viir Galicia) Mimnutos: 27:00 horas ao minuto 38
https://cadenaser.com/radio-galicia/a-vivir-galicia/
CRTVG
Europa Press
Faro de Vigo
Radio Líder