CREATIVIDADE, COOPERACIÓN E COÑECEMENTO

2023

V Edición Premio Stephen Hawking

COORDINADORA: Dra. MARÍA MARTINÓN-TORRES

María Martinón-Torres (Ourense, 1974), doutora en Medicina e Cirurxía e especializada en Evolución Humana e Antropoloxía Forense, é, actualmente, a Directora do Centro Nacional de Investigación  sobre a Evolución Humana (CENIEH) e Catedrática Honoraria do Departamento de Antropoloxía da University College of  London. 

Desde 1998 é membro do Equipo Investigador de Atapuerca e co-Investigadora principal desde 2019. A súa investigación está centrada na evolución dos primeiros homínidos de Asia e Europa, e no estudo da enfermidade no  pasado, liderando e participando en distintos proxectos de investigación relacionados coa evidencia dental en Francia, Reino Unido, República de Georgia e en China.

Ten publicado mais de dez libros ou  capítulos de libros e un centenar  de artigos científicos, moitos deles en revistas tan prestixiosas como Nature, Science, Proceedings of the Natural Academy of Science (PNAS) ou Journal of Human Evolution. Entre todos eles destaca a súa  proposta dunha orixe asiática para os primeiros homínidos ou a publicación en Nature do primeiro enterramento humano de África, que foi portada da revista (Maio, 2021).