HOXE DAMOS A CLASE NÓS
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
No mes de xuño e para rematar co Plan Proxecta Quérote+, o alumnado de 3º da ESO fixo unha presentación dos contidos traballados dentro do Plan a compañeiros e compañeiras de 2º da ESO.
A adquisición e asentamento de novos coñecementos vén apoiada pola capacidade de transmisión desa mesma información no grupo de iguais. Na adolescencia, a mocidade dos cursos que teñen maior idade, os que van cursos por diante, adoitan ter unha maior influencia no espazo de relación, polo que se converten, moitas veces, en referentes e exemplos que hai que seguir. A posibilidade de poder exercer de transmisores e trasnmisoras de información axeitada, de ferramentas de comunicación ou de coñecementos de recursos aos que acudir para solicitar asesoramento, facilita que as relacións entre compañeiros/as de diferentes cursos poida chegar a exercer unha relación positiva. É interesante fomentar unha reciprocidade entre alumnado e profesorado que acabe sendo tamén parte dun proceso de relación entre iguais dentro dun mesmo centro.