presentación DO RECURSO quérote+
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
A finais de novembro o alumnado de 3ºESO coñeceu o Plan Proxecta na modalidade Quérote+, nas clases de Bioloxía e Xeoloxía.
Comezamos facendo unha posta en común en gran grupo sobre a quen ou onde recurre a mocidade para aclarar as súas dúbidas sobre sexualidade, emocións, ITs, diversidade LGTBI+... Unha das fontes que máis se repite entre o alumnado é internet. A continuación comprobamos con distintos exemplos que esta fonte non é demasiado fiable e moitas veces devolve información contradictoria e confusa.
Co fin de ofrecerlle ao alumnado un recurso fiable, gratuito e anónimo para encontrar asesoramento sobre os temas citados, presentamos os Centros Quérote+ da Xunta de Galicia e a súa plataforma online:
https://igualdade.xunta.gal/es/content/querote
Analizamos as distintas canles polas que se poden consultar dúbidas (presencial, telefónica, whatsapp...) e cada alumno/a fixo unha consulta cubrindo o formulario online.
A execución desta primeira actividade tivo moi boa acollida e a maioría de alumnos/as participaron activamente. Unha pequena parte do alumnado preguntou dúbidas ao finalizar a clase de xeito máis individual.