A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
No mes de abril traballamos na Ficha 5- A relación dos sexos a través da tecnoloxía co alumando de 3ºESO. Comenzamos cun debate na aula a partir de distintas situacións expostas polo profesorado:
"Se envío un whatsapp a alguén en liña e non contesta sinto enfado"
"Se estou en parella o normal e coñecer as contrasinais do meu mozo/a"
"Nas RRSS digo cousas que non diría en persoa" ...
Rematamos a sesión poñendo en común netiquetas, normas de convivencia virtual que eles e elas consideran necesarias para garantir unha relación coa tecnoloxía segura, responsable e positiva.
En todas as clases o alumnado foi moi participativo nos debates, que resultaron moi enriquecedores e concluíron no consenso de diversos valores que de seguro terán en conta á hora de relacionarse.
O mundo virtual é parte da realidade cotiá. Un espazo de comunicación e relación das diferentes dimensións da vida individual e social. Ás novas xeracións atribúeselles o coñecemento sobre dispositivos, aplicacións e medios virtuais, coa denominación propia de nativos dixitais. Mentres, o seu coñecemento técnico non implica unha educación propia no medio que repercuta nun manexo positivo e responsable. O espazo virtual ten unhas características propias, unha idiosincrasia particular, que é preciso analizar e coñecer co fin de que sexa un recurso positivo e útil.
Nos últimos tempos, cuestións como o ciberbullying, o envío de fotografías e contidos íntimos, o control virtual, o ghosting, etc. constitúen unha realidade sobre a que é preciso intervir para dotar de ferramentas educativas que eviten este tipo de situacións e posibiliten unha navegación segura, responsable e respectuosa.