A CONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
No mes de maio dende as clases de Bioloxía e Xeoloxía, abordamos os contidos da Ficha 7- A concepción e a concepción en relación ao tema da materia Función de Reprodución e sexualidade.
En pequenos grupos heteroxéneos, o alumnado fai unha lista das diferentes formas que coñecen de ter relacións eróticas que non impliquen posibilidade de embarazo (prácticas aconceptivas). A continuación se comparten no encerado dixital e entre todos pensamos cal serían aquelas práticas conceptivas.
A continuación traballamos sobre a prevención de ITS e embarazos non planificados buscando información en internet de forma crítica e en fontes fiables que lle recomenda a profesora. Rematamos a sesión recollendo un resumo da información nun pequeno documento grupal.
Nos programas de educación sexual, a prevención dos embarazos non planificados e das infeccións de transmisión sexual (ITS) son temas fundamentais para traballar.
No entanto, en ocasións, ocupan a posición principal e fan esquecer outras cuestións que son elementos clave da sexualidade humana. Dende o modelo biográfico da sexoloxía, partimos do concepto de diversidade, de que cada persoa se constrúe como ser único e particular, de que non hai normas ou fórmulas sobre que facer ou como facelo, senón que depende de cada persoa, dos seus tempos, ritmos e desexos. Deste xeito, falamos de que todo o corpo é sensible e sensitivo e a erótica se volve un mapa para explorar e descubrir, no que a penetración é unha práctica, pero non ten por que ser a única ou máis importante. Por isto, falamos de prácticas conceptivas e aconceptivas, é dicir, daquelas que implican posibilidade de embarazo e as que non.