CULTIVANDO HABILIDADES
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
No mes de marzo o alumnado traballou os contidos da Ficha 6- Cultivando habilidades co profesorado de Xeografía e Historia e Educación Física¡segundo as clases. Nesta ocasión, trátase dunha representación na que alumn@s voluntari@s simulan unha situación na que unha persoa exerce presión sobre outra, guiándonos polos exemplos presentados polo guión da ficha.
O alumnado máis extrovertido participou de bo grado nas representacións teatrais á vista de compañeiros e compañeiras que daban ideas e pasaban un rato moi divertido.
Moitas veces, a toma de decisións facémola en función do noso contorno, do que se espera de nós, das nosas condutas e intereses. A sociedade invita a certos comportamentos que posiblemente non sexan os escollidos pola persoa que os realiza. O grupo de iguais é un grupo de apoio moi importante na adolescencia, pero tamén o grupo de presión máis condicionante á hora de tomar certas decisións.
Se falamos de sexualidade e, en concreto, da erótica, podemos dicir que tamén existe presión para a iniciación neste eido. A mocidade recibe mensaxes de presión para comezar a ter encontros, para experimentar con certas prácticas, para facelo en determinadas condicións, o que pode chegar a prexudicar as relacións entre iguais. Ao igual que sucede co consumo de substancias ou as presións estéticas que xeran conflitos e disfuncións na mocidade, tamén sucede no mundo da erótica.