A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
No mes de xaneiro o alumnado de 3º de ESO desenvolveu a Ficha 3- A orientación do desexo e a identidade sexual na materia de Inglés e de Física e Química.
Comenzamos visualizando o vídeo Qué es la diversidad sexual? Explicación fácil
Posteriormente expresaron as súas sensacións respecto á identidade sexual e a orientación do desexo, realizando murais en grupo para visibilizar a existencia dunha gran diversidade e a necesidade de respecto e non discriminación por estes motivos.
A terceira ficha baséase primordialmente na introdución de conceptos relativos á identidade sexual e á orientación do desexo, co fin de analizalos e diferencialos como elementos clave dentro do proceso de sexuación. É frecuente que exista confusión entre o alumnado e non diferencien estes dous conceptos.
O proceso de sexuación, a través do cal nos configuramos como seres sexuados, leva consigo un resultado que pode resumirse nun concepto: diversidade.
A característica da diversidade toma connotacións persoais e sociais salientables ao falar de identidade, desa forma na que cada persoa se identifica como home ou como muller ou conforme a etiqueta que considere. O mesmo acontece ao falar da diversidade no mundo do desexo e nas formas nas que este se manifesta, ao resultar así un abano de orientacións posibles.
O coñecemento desa diversidade sexual e o fomento do respecto á convivencia entre os sexos vólvese fundamental para evitar situacións de violencia e discriminación.