Coma promove o “traballo por proxectos”, tratamos de conseguir que o alumnado desenvolvera todo o seu potencial e talento, poñéndoo no centro do proceso de ensino e subordinando os contidos á acción.
O peso do proxecto recaeu nos voluntarios, que elixiron as tarefas querían facer de entre as seguintes:
1. Buscar información na web: escolma, cribado, análise crítica e contraste de fontes.
2. Traducir os textos en Inglés.
3. Recompilar imaxes dos artistas e das súas obras.
4. Crear as recreacións das obras artísticas de distintas técnicas, a elección libre.
5. Gravar os podcasts na Radio Rapeira.
6. Redactar os textos e completar a escrita na web.