Naceu o13 de Maio de 1939.
Naceu na fronteira entre Italia e Francia, onde chegara a súa familia posiblemente escapando do fascismo, aínda que en Francia tampouco o tiveron doado.
É unha poeta, escritora e pintora francesa.
Actualmente vive en París.
OBRAS
BIOGRAFÍA
A súa familia era nómada, aos 15 anos abandonou o campamento e marchou a París.
Alí sobrevive grazas a unha familia xudía que a acolle, despois vive no barrio de Montmartre, onde coñece a artistas da época e comeza a escribir e a pintar.
Coa súa obra, tanto a escrita coma a pintura, busca dignificar a cultura xitana e o aprecio ao que é diferente.
Considera que a súa cultura defínese polo desexo de liberdade, a música, o amor pola natureza e a concepción da viaxe como xeito de aprendizaxe.
No 1985 foi a presidenta da primeira exposición mundial de Arte Xitano en París.
CARACTERÍSTICAS DA SÚA OBRA
Os seus cadros teñen moita influencia das Primeiras Vangardas, especialmente do Surrealismo, aínda que nesa época xa estaba algo esgotado.
A súa obra ten un tono un pouco infantil, con cores brillantes e alegres.
As súas imaxes parecen relacionadas coa música, coas viaxes e cos recordos da nenez e outros temas da súa propia vida.
Emprega normalmente unha serie de signos e símbolos constantes, especialmente guitarras ou paxaros.
EXPOSICIÓNS
1983. Bienal de Belas Artes do Grand Palais.
1991, el Museo de Artte Sacro "Santa Apolonia" de Venecia.
Museo de Arte Moderno de Beijing,