Onde e cando naceu: 23 de maio de 1933, Kraubath an der Mur, Austria.
Onde e cando morreu: 28 de xaneiro de 2013, Viena, Austria.
Ocupación: escritora pintora e música.
OBRAS
BIOGRAFÍA
Pertencía a unha tribu romaní nómada dedicada á cría de cabalos e sobreviviu ao Holocausto Nazi dos Xitanos (Porrajmos) pasando por tres campos de exterminio, xunto coa súa nai e a algúns dos seus irmán, cando só tiña uns 10 anos.
Moitos anos despois, comeza a expresar a través da pintura e da escritura os recordos desta traumática experiencia, publicando libros e facendo máis de mil debuxos e pinturas.
Ela mesmo dixo:"Collín un bolígrafo porque tiña que abrirme, para berrar".
CARACTERÍSTICAS DA SÚA OBRA
As súas primeiras obras son de temas sinxelos e de moitas cores, lembranzas da época feliz antes da guerra cando era pequena e vivían en carromatos, na natureza, coa familia, os animais, no mercado...
Despois de sobrevivir ao exterminio nazi pinta temas oscuros que amosan persecucións, arrestos, asesinatos, a vida dura dos campos de concentración....
Os seua cadros parecen feitos coa mirada dunha nena, e emprega cores fortes, ás veces só o negro, e soe escribir nos seus debuxos.
EXPOSICIÓNS