Onde e cando naceu: Naceu en Sariñena, Concello de Huesca, Aragón. O 24 de Outubro de 1961.
Ocupación: Pintora e videoartista.
Estudos: Estudou na Gerrit Rietveld Academie, unha facultade de Belas Artes de Amsterdam, Países Baixos.
Actualmente vive en Holanda.
OBRAS
BIOGRAFÍA
Aínda que as súas irmás maiores o negan, ela afirma que a súa nai era prostituta e a abandonou, e que de pequena tivo que mendigar na rúa. Cando tiña 10 anos morreu a súa avoa e tivo que ir a un orfanato durante tres anos, cando a adoptou unha familia rica catalá e foi aos Países Baixos a estudar.
É a artista española actual máis cotizada do mundo, con máis de 100 mil euros por cadro, de xeques árabes e estrelas de Hollywood.
No 2020 foi nomeada "Artista do ano 2021" nos Países Baixos.
CARACTERÍSTICAS DA SÚA OBRA
Traballa con lenzos de gran formato e emprega unha técnica mixta particular que se basea na técnica do fresco e vai por capas.
Fai sobre todo retratos de estilo realista, pero sobre os que emprega texturas e o craquelado que son as grietas que se forman nos cadros antigos.
Ten influencias da Arte tradicional holandesa e española.
EXPOSICIÓNS
2017. MAC Gas Natural Fenosa, A Coruña.