Onde e cando naceu: 27 de Maio de 1905. Sevilla
Onde e cando morreu: 19 de septiembre de 1956. Barcelona
Alcume: era coñecido como o artista da gravata vermella.
Ocupación: pintor, deseñador, sindicalista e poeta xitano español.
Estudos: Decoración cerámica na escola industrial de artes e oficios de Sevilla. Despois fixo cursos nocturnos de Belas Artes. Tamén estudou tipografía e deseño de interiores en Berlín.
OBRAS
BIOGRAFÍA
Por mor de participar nalgunhas revoltas políticas, tivo que exiliarse en París no ano 1927, pasando despois por outras cidades europeas coma Bruxelas, Berlín ou Moscú.
Regresou a España e viviú na cidade de Barcelona, seguindo co seu activismo sindicalista e político. Ao rematar a guerra civil española (1939) pasou por varios campos de reclusión en Francia e Arxelia. Ao seu regreso ingresou no partido comunista e foi varias veces encadeado.
CARACTERÍSTICAS DA SÚA OBRA
As súas primeiras obras teñen características dalgunhas das Primeiras Vangardas, especialmente do Cubismo, Surrealismo e Futurismo, con temas coma a paisaxe andaluza, a música flamenca e as bailaoras xitanas.
Despois o estilo vólvese menos abstracto e algo máis realista para "chegar ao pobo" (segundo él mesmo dicía) e tratar temas coma a pobreza e a loita obreira.
Fai numerosos debuxos empregando tinta negra, gravados (algunhas webs dín que empregaba a Xilografía-gravado sobre madeira-), murais e moitos carteis.
EXPOSICIÓNS
En 1932 no Ateneo de Madrid .
En 1933 expuso no Museo Pushkin de Moscú.
En 1948 presenta unha exposición na Galería Arnaiz