Co proxecto "Arte Xitana" nos propuxemos realizar una aproximación teórico-práctica á cultura romaní a través das Artes Plásticas dentro da iniciativa “Máis referentes do mundo xitano (e menos prexuízos)” coa que a Biblioteca do CPI Domingo Fontán de Portas colaborou no CP-INCLÚE do centro.
Dende o Departamento de Debuxo quixemos achegarnos á Arte a través da investigación sobre artistas xitanos (en especial mulleres) sobre os que basear os nosos proxectos, coñecer de preto o seu proceso creativo, recrear as súas obras e encher o oco desta minoría na Historia da Arte, coa idea é seguir completando o traballo nos vindeiros cursos.
Cremos que é moi valioso para o noso alumnado xitano recoñecerse e obter referentes positivos en todas as áreas para xerar sentimentos de referencia e pertenencia; pero esta ollada sobre a Arte que desvela a multiplicidade de puntos de vista tamén supón un enriquecemento do resto dos alumnos e promove a adquisición dun sentir respectuoso cara aos demais e na valoración de todas as manifestacións artísticas.
Este proxecto inclúe a busca de información, a análise crítica, a creación artística e a produción audiovisual nunha contorna web usada de xeito seguro, contrastando a información e citando correctamente as fontes.