Naceu en Polonia en 1978 en Zakopane.
Vive en Czarna Gòra (Polonia).
Ocupación: é pintora, escultora, mestra e activista feminista.
OBRAS
BIOGRAFÍA
Estudou Maxisterio e licenciouse en escultura na Academia de Arte de Cracovia.
Comezou a súa carreira como escultora de cartón, despois pasou á cera e, finalmente á pintura, agora emprega técnica mixta baseada en distintos téxtiles de refugallo.
CARACTERÍSTICAS DA SÚA OBRA
Fai unhas obras téxtiles semellantes a patchworks ou tapices, moi orixinais.
Os temas son case sempre femininos, amosando a vida cotiá das mulleres e fala da cultura xitana en positivo, loitando contra os prexuizos contra esta etnia.
Gústanlle as cores fortes e non só utiliza tecidos reutilizados, senón que tamén emprega peles, abelorios, plumas e mesmo cartas da baralla para darlle un toque tridimensional.
EXPOSICIÓNS
2022 Bienal de Venecia (a primeira artista xitana que expoñe en solitario nesta importante bienal)
2024. Centro Andaluz de Arte Contemporáneo (CAAC)