Fotografía: Manuel G. Vicente
Fotografía: Manuel G. Vicente
Música para 18 músicos foi unha proposta pedagóxica desenvolvida por Cardinais – Academia Internacional Vertixe Sonora 2022 en xullo, agosto e setembro dese ano. Co patrocinio do Auditorio de Galicia e a colaboración do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, este proxecto enfocouse na preparación e interpretación da lexendaria peza de Steve Reich Music for 18 Musicians, a cal foi interpretada por un grupo de estudantes o 4 de setembro de 2022 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, sendo esta a súa estrea en Galicia.
Diego Ventoso
En 1978 estaba traballando nunha gran tenda de discos no centro de Manhattan. Unha das vantaxes de estar no departamento de cassettes era que tiña o control do sistema de son da tenda, do cal abusaba a míúdo. Sobre todo escoitabamos Blondie, The Cars, Donna Summer e The Clash. Entón, un día chegou un LP de aspecto espartano, descoñecido para nós excepto polo seu selo extravagante e orientado ó jazz progresivo: ECM. Quizais iso levou a un de nós a poñelo cun volume alto na esperanza de causar un pouco de caos na hora do almorzo. Aínda que non puidemos fomentar un motín, a sufocante, abarrotada e triste tenda transformouse certamente. Os clientes detivéronse en plena faena e ladearon as súas cabezas, máis por admiración que por irritación. O persoal normalmente imperturbable que se enorgullecía de ser capaz de identificar calquera cousa que escoitaba caeu nunha gran confusión. Incluso aqueles que a encontraron enlouquecedoramente repetitiva foron conquistados polo seu sedutor brillo colorista e pola forma en que evocaba á música non occidental, á música clásica e ó jazz, sen soar como ningunha delas. ¿Que era esa música? E o máis importante, ¿como deberiamos calificala?
Non estando iniciado no minimalismo, nunca antes escoitara música de Steve Reich. De inmediato merquei Music for 18 Musicians, e non é unha esaxeración dicir que, musicalmente, a miña vida non foi a mesma dende ese momento (…). Music for 18 Musicians non só é unha das grandes composicións de Steve Reich, senón unha das obras que pode reclamar con razón ter alterado o curso da música occidental.
K. Robert Schwarz
Crítico musical
PROGRAMA:
Steve Reich Music for 18 Musicians (1976) 3 marimbas, 2 xilófonos, vibráfono, violín, violonchelo, 2 clarinetes e clarinetes baixos, 4 pianos e 4 voces femininas