Opening é unha viaxe ó mundo interior da muller a través da natureza e do son.
Baseándonos nesa percepción e formulando unha metáfora entre elementos da natureza como a auga, o aire, o lume e a terra e as diferentes fases da vida polas que pasamos as personas, presentamos este traballo multimedia de música, danza, poesía e imaxe.
A Auga é a emoción, o nacemento….
O Aire é a liberdade verdadeira…
O Lume é a identidade, a paixón, o eu…
A Terra é a construcción, a solidez…
Alba Felpete
PROGRAMA:
Philip Glass Opening (Glassworks) (1982) marimba e danza
Iannis Xenakis Rebonds (1987-89) multipercusión e danza
Ben Hackbarth Open End (2007) vibráfono, electrónica en vivo e danza
Iannis Xenakis Psappha (1975) multipercusión e danza

Grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Alba Felpete (Open End), Ana Belén Ferreiro (Psappha), Raquel González (Opening e Rebonds A) e Reyes González (Rebonds B) coreografías
Diego Ventoso percusión
Alba Felpete poesías
Paloma Lugilde voz en off
Fundación TIC e Raquel González (Opening) vídeo-creacións
Cinematic Counterpoint é un espectáculo colaborativo de música, danza e vídeocreacións no que cada manifestación artística ábrelle portas de novos ámbitos creativos ás demais. É así, nesta sorte de retroalimentación, que a música de Pablo Beltrán, Philip Glass e Steve Reich semella adquirir unha aura visual cos movementos da cada coreografía, dimensión que podería denominarse como «cinemática» e que seríalle inalcanzable por si soa. Do mesmo xeito, poñendo o prisma no lado oposto, a danza acada un estado sonoro, coma se cada movemento implicase un xiro melódico ou unha acentuación rítmica. Unha terceira dimensión ou capa de percepción é aportada polas vídeocreacións que, dalgunha maneira, reinterpretan todo o conxunto.
Diego Ventoso
PROGRAMA:
Polpular africana Le Serpent
PROGRAMA:
Philip Glass Opening (Glassworks) (1982) marimba e danza
Pablo Beltrán Marimbó (2008) saxofón soprano, guitarra eléctrica, vibráfono, óboe, bombardino, clarinete baixo e danza
Steve Reich Piano Phase (1967) 2 teclados
Steve Reich Music for Mallet Instruments, Voices and Organ (1973) 4 marimbas, 2 liras, vibráfono, órgano eléctrico, 3 voces femiminas e danza
Steve Reich New York Counterpoint (1985) clarinete, cinta magnética e danza
¿Onde está a fronteira entre a chamada música culta e a música popular? ¿Existen entre elas liñas divisorias que actúen coma valos de «non relación»? A historia dinos que os diferentes estilos e xéneros da música popular retroalimentáronse entre si para dar lugar á aparición doutros novos, ocorrendo o mesmo no ámbito da música clásica. Da mesma forma, o mesmo tipo de intercambio levouse a cabo entre compositores e músicos populares, sendo esta a proba de que a música non evoluciona nunca baixo consignas ou ideas herméticas.
Rock Influence é unha mostra das diferentes formas nas que ambos mundos poden relacionarse: dende a música fusión con influencias do jazz de Pepe Evangelista, ata as explícitas progresións harmónicas, melodías pegadizas e ritmos sinxelos case pop de Omphalo Centric Lecture, pasando polos procesos de abstracción cos que Christian Lauba introduce elementos do hard rock e do soul en Hard. Por último, este programa inclúe unha peza minimalista como In C de Terry Riley que, na interpretación do grupo In Black Cage Ensemble, adquirirá a forza e enerxía dun tema de música rock.
Diego Ventoso
PROGRAMA:
Christian Lauba Hard (1988) saxofón tenor
Nigel Westlake Omphalo Centric Lecture (1984) 2 marimbas e percusión
Pepe Evangelista Déjà Vu (2013) saxofón tenor, guitarra eléctrica, teclados, clarinete, óboe, batería, bombardino e baixo eléctrico
Pepe Evangelista Ralac (2013) saxofón tenor, guitarra eléctrica, teclados, clarinete, óboe, batería e baixo eléctrico
Terry Riley In C (1964) grupo instrumental
Cinematic Counterpoint é un espectáculo colaborativo de música, danza e vídeocreacións no que cada manifestación artística ábrelle portas de novos ámbitos creativos ás demais. É así, nesta sorte de retroalimentación, que a música de Pablo Beltrán, Philip Glass e Steve Reich semella adquirir unha aura visual cos movementos da cada coreografía, dimensión que podería denominarse como «cinemática» e que seríalle inalcanzable por si soa. Do mesmo xeito, poñendo o prisma no lado oposto, a danza acada un estado sonoro, coma se cada movemento implicase un xiro melódico ou unha acentuación rítmica. Unha terceira dimensión ou capa de percepción é aportada polas vídeocreacións que, dalgunha maneira, reinterpretan todo o conxunto.
Diego Ventoso
PROGRAMA:
Philip Glass Opening (Glassworks) (1982) marimba e danza
Pablo Beltrán Marimbó (2008) saxofón soprano, guitarra eléctrica, vibráfono, óboe, bombardino, clarinete baixo e danza
Steve Reich Piano Phase (1967) 2 teclados
Steve Reich Music for Mallet Instruments, Voices and Organ (1973) 4 marimbas, 2 liras, vibráfono, órgano eléctrico, 3 voces femiminas e danza
Steve Reich New York Counterpoint (1985) clarinete, cinta magnética e danza
PROGRAMA:
Popular africana Le Serpent
Música e matemáticas, ondas sonoras e números en cadea, sentimento e lóxica, arte e ciencia. Mundos aparentemente opostos, pero capaces de encontrarse na mente de compositores que buscaron nos números unha maneira de achegarse á orde establecida na natureza, estruturando e construíndo todo tipo de arquitecturas sonoras.
Iannis Xenakis, como precusor, e outros compositores coma Karlheinz Stockhausen ou Alberto Posadas máis tarde, foron algúns dos que, a partir da segunda metade do S.XX e ata a actualidade, utilizaron diferentes teorías e fórmulas matemáticas para erixir as súas composicións, en contraposición a outras estéticas coetáneas que avogaban pola indeterminación na composición, simbolizadas por compositores coma John Cage.
Novas formas de pensar a música, novas maneiras de interpretala, busca de novos paradigmas...a música estocástica foi unha máis das correntes estéticas que naceron e se desenvolveron na segunda parte do s. XX e que enriqueceron o pensamento desbordante en dinamismo desta parte da historia.
Diego Ventoso
PROGRAMA:
Karlheinz Stockhausen Tierkreis (1975): Géminis, Cáncer, Leo
Iannis Xenakis Rebonds (1987-89) percusión e danza
Karlheinz Stockhausen Tierkreis (1975): Virgo, Libra, Escorpión
Alberto Posadas Anábasis (2001) saxofón tenor
Karlheinz Stockhausen Tierkreis (1975): Sagitario, Capricornio, Acuario
Karlheinz Stockhausen In Freundschaft (1977) clarinete e danza
Karlheinz Stockhausen Tierkreis (1975): Piscis, Aries, Tauro, Géminis
Iannis Xenakis Psappha (1975) percusión e danza
«Partimos do son. De que é o son. De cómo cualificar o son. De cómo facer reverberar o son. De cómo o espazo compón o son. De cómo o espazo intervén na transformación do son. De cómo o son sucede no espazo, precisamemnte na dimensión combinatoria dos diferentes sons segundo as diferentes tipoloxías de espazo».
Estas reflexións eran publicadas por Luigi Nono en 1985 no seu ensaio De outras posibilidades de escoita. Dos sete enunciados dos que consta o parágrafo, catro manifestan unha absorvente preocupación polo espazo. Non foi un vicio exclusivo. De xeito similar nos grandes autores coetáneos —Xenakis, Boulez, Stockhausen, etc.—, volveranse cruciais aspectos como a espacialización, a resonancia ou a reverberación.
Estas razóns seguen a burbullar na obra actual de moitos creadores para os que, da ourivaría espacial de sons movéndose en sistemas multicanle ou dos efectos de inmersión sonora, abrolla un golpe de sentido capaz de totalizar o discurso. Por outra banda, a configuración arquitectónica dos espazos de recepción da música vai indefectiblemente ligada ao concepto sonoro de cada época e das súas agrupacións. Pero paralelismos entre música e arquitectura non rematan aquí: un vocabulario compartido que inclúe conceptos como plano, ritmo, estrutura, eixo ou emprego de ferramentas de cálculo matemático, testemuñan un entedemento entre ambas disciplinas que imos abordar coa colaboración do arquitecto Alfredo Sirvent.
Ramón Souto
PROGRAMA:
Manuel Rodríguez Valenzuela 24 (2013) violonchelo amplificado acústicamente e piano a 10 mans
Ianni Xenakis Rebonds B (1987-1989) percusión e danza
Ramón Souto Durban (2013) saxofón baixo, guitarra eléctrica, violonchelo, piano, percusión e proxectos de feedback (deseño da música por ordenador e electrónica en vivo: Instituto Galego de Sonoloxía, Ángel Faraldo)