Fotografía: Mar Arias

2014

DRUMMING

Venres 21 de marzo de 2014. 20:00 h.

Auditorio do CMUS Xoán Montes  de Lugo 

PROGRAMA:

Steve Reich Drumming (1971) 9 percusionistas, 2 voces femininas e frautín

I. Catro pares de bongós

II. Tres marimbas e dúas voces femininas

III. Tres liras e frautín

IV. Catro pares de bongós, tres marimbas, tres liras, dúas voces femininas e  frautín

EXPLURART

SEVEN COLOURS EXTENSIONS

Toda vida, incluídos nós mesmos, é unha enerxía vital que vibra en diferentes graos no noso organismo. Hai quen di que incluso a Terra ten os seus chakras. Esta enerxía pasa desapercibida a maior parte das veces. Estas forzas ou enerxías percorren o noso corpo e os nosos órganos; reciben o nome de Chakra, en sánscrito, que significa roda ou vórtice enerxético. Cada vórtice afecta a diferentes áreas do noso corpo, órganos, glándulas, facultades, emocións… e asóciase a unha cor e a un elemento. Por todo o noso corpo prodúcese unha danza enerxética entre as rodas de enerxía. É todo un sendeiro vital interno.

A nosa proposta é exactamente iso: unha viaxe espiritual a través do espertar enerxético dos nosos vórtices, mediante a danza, o son e a cor. Cada peza, un chakra, unha virtude, un desafío, un desbloqueo, unha curación, e a comporta ábrese para pasar a outro rincón interior...pequeno no corpo quizais, enorme no seu significado vital.

Alba Felpete

Venres 4 de abril de 2014. 20:00 h.

Auditorio Martín Códax - CSM Vigo

PROGRAMA:

Matthew Burtner Six Ecoacoustics Quintets (2009) grupo de percusión, electrónica e danza

II CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO  "MIHLSons-XXI”

MOVING INTO A NEW AGE

Concerto didáctico para escolares

Venres 11 de abril de 2014. 12:00 h.

Auditorio Municipal Gustavo Freire  

Concerto didáctico para escolares

PROGRAMA:

Steve Reich Drumming (1971) 9 percusionistas, 2 voces femininas e danza 

II CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO  "MIHLSons-XXI”

MOVING INTO A NEW AGE

Ionisation de Edgar Varèse, Sonata para dous Pianos e Percusión de Béla Bartók, First Construction in Metal de John Cage, Pleiades de Iannis Xenakis e Drumming de Steve Reich: aquí temos cinco das obras máis importantes xamais escritas para percusión. Compostas todas elas no século XX e sendo este o da eclosión da percusión como vehículo fundamental para a expresión de novas ideas musicais, ben poderían formar parte tamén todas elas dunha lista de obras claves deste período histórico.

Extremadamente sinxela na súa concepción e nos seus conceptos compositivos, a innovación, trascendencia e xenialidade de Drumming veñen do prisma que, con absoluta modernidade, Reich utilizou para transformar ideas claramente asociadas ás orixes máis ancestrais da percusión, nunha música totalmente nova e xenuína que, á vez, estaba fóra das estéticas experimentais en voga nese momento na Norteamérica herdeira dos postulados de John Cage.

De maneira natural, pronto xurdiu a conexión entre a música de Reich e a danza contemporánea da man de coreógrafas como Laura Dean ou Anne Teresa de Keersmaeker, formando unha unión inevitable dadas as reminiscencias que esta música encontra na orixe primitiva da percusión e no cruce de camiños que sempre houbo entre este tipo de expresión instrumental e as danzas de tipo ritual.

É así que hai algo de máxico en Drumming, quizais orixinado nese tremendo caudal enerxético que a percorre de principio a fin e que invita irremediablemente a imaxinar movementos, crealos e plasmalos dunha maneira artística e fermosa.

Diego Ventoso

Venres 11 de abril de 2014. 20:30 h.

Auditorio Municipal Gustavo Freire 

PROGRAMA:

Steve Reich Drumming (1971) 9 percusionistas, 2 voces femininas e danza 

I. Catro pares de bongós

II. Tres marimbas e dúas voces femininas

III. Tres liras e frautín

IV. Catro pares de bongós, tres marimbas, tres liras, dúas voces femininas e  frautín

II CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO  "MIHLSons-XXI”

MOVING INTO A NEW AGE. Exposición fotográfica

Dende o xoves 24 de abril ata setembro de 2014

Hall do Auditorio Municipal Gustavo Freire 

ALUMNADO DE FOTOGRAFÍA DA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO RAMÓN FALCÓN:

Mar Arias, Mar Carreira, Alexandra Dmitrieva, Isabel Domínguez, Fernando Lugilde, Noa Rodríguez, María Sindín e Víctor Suárez.

Alfredo Yáñez profesor de fotografía

III SEMANA DE DANZA DE LUGO

SEVEN COLOURS EXTENSIONS

Toda vida, incluídos nós mesmos, é unha enerxía vital que vibra en diferentes graos no noso organismo. Hai quen di que incluso a Terra ten os seus chakras. Esta enerxía pasa desapercibida a maior parte das veces. Estas forzas ou enerxías percorren o noso corpo e os nosos órganos; reciben o nome de Chakra, en sánscrito, que significa roda ou vórtice enerxético. Cada vórtice afecta a diferentes áreas do noso corpo, órganos, glándulas, facultades, emocións… e asóciase a unha cor e a un elemento. Por todo o noso corpo prodúcese unha danza enerxética entre as rodas de enerxía. É todo un sendeiro vital interno.

A nosa proposta é exactamente iso: unha viaxe espiritual a través do espertar enerxético dos nosos vórtices, mediante a danza, o son e a cor. Cada peza, un chakra, unha virtude, un desafío, un desbloqueo, unha curación, e a comporta ábrese para pasar a outro rincón interior...pequeno no corpo quizais, enorme no seu significado vital.

Alba Felpete

Venres 25 de abril de 2014. 20:30 h. 

Auditorio Municipal Gustavo Freire  

PROGRAMA:

Matthew Burtner Six Ecoacoustics Quintets (2009) grupo de percusión, electrónica e danza

Reportaxe fotográfica

SEVEN COLOURS EXTENSIONS

Bruno Máez

II CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO “MIHLSONS-XXI”

MOVING INTO A NEW AGE (Versión Curta)

Lunes 28  de abril de 2014. 19:00 h.

Centro Comercial As Termas   

PROGRAMA:

Steve Reich Drumming I (1971) 4 pares de bongós e danza

II CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO “MIHLSons-XXI” 

SEVEN COLOURS EXTENSIONS 

Toda vida, incluídos nós mesmos, é unha enerxía vital que vibra en diferentes graos no noso organismo. Hai quen di que incluso a Terra ten os seus chakras. Esta enerxía pasa desapercibida a maior parte das veces. Estas forzas ou enerxías percorren o noso corpo e os nosos órganos; reciben o nome de Chakra, en sánscrito, que significa roda ou vórtice enerxético. Cada vórtice afecta a diferentes áreas do noso corpo, órganos, glándulas, facultades, emocións… e asóciase a unha cor e a un elemento. Por todo o noso corpo prodúcese unha danza enerxética entre as rodas de enerxía. É todo un sendeiro vital interno.

A nosa proposta é exactamente iso: unha viaxe espiritual a través do espertar enerxético dos nosos vórtices, mediante a danza, o son e a cor. Cada peza, un chakra, unha virtude, un desafío, un desbloqueo, unha curación, e a comporta ábrese para pasar a outro rincón interior...pequeno no corpo quizais, enorme no seu significado vital.

Alba Felpete

Martes 13 de maio de 2014. 20:30 h. 

Museo Interactivo da Historia de Lugo