2012
CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA CMUS LUGO
MONOGRÁFICO MORTON FELDMAN
Interésame a dimensión global de Rothko, que anula o concepto das relacións entre proporcións. Non é a forma o que permite á pintura emerxer; o descubrimento de Rothko foi o de definir unha dimensión global que sostén os elementos en equilibrio... Son o único que compón desta maneira, como Rothko: no fondo trátase soamente de manter esa tensión, ou ese estado, á vez xeado e en vibración…
Toda a miña xeración estaba obsesionada coa obra de 20-25 minutos. Ese era o noso reloxo. Todos o coñecíamos e o sabíamos manexar. En canto se abandona esa peza de 20-25 xorden os problemas para unha obra que ten un só movemento. Ata unha hora considérase forma, pero máis aló dunha hora pénsase en dimensión. A forma é algo doado, só consiste en dividir as cousas en partes, pero a dimensión xa é outra cousa. Hai que poder controlar a obra e isto precisa dunha especie de concentración aguda. Antes as miñas obras eran obxetos, agora son como cousas evolutivas.
Morton Feldman
Xoves 15 de marzo de 2012. 20:15 h.
Auditorio do CMUS Lugo
PROGRAMA:
Morton Feldman Piano Four Hands (1958) piano a 4 mans
Morton Feldman The Viola in my Life I (1970) viola, violín, violoncello, frauta, piano e percusión
Morton Feldman Palais de Mari (1986) piano
Morton Feldman The Viola in my Life II (1970) viola, violín, violoncello, frauta, clarinete, piano e percusión
Diego Segade viola, Silvia Martínez violín, José Torres violoncello, Pablo Coria frauta, José Ramón Saborido clarinete, Diego Ventoso percusión, Andrea Vilar, Ana Huerta, Jorge Alves e Juan Ignacio Martínez piano.
Proxeccións de pinturas expresionistas abstractas de Jackson Pollock e Robert Rauschenberg e imaxes do cosmos.
CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA CMUS LUGO
MONOGRÁFICO JOHN CAGE
"Xamáis escoitei un son sen amalo, o único problema cos sons é a música". J. Cage.
Esta frase podería considerarse un resumo da esencia creativa de John Cage, sendo o seu legado de gran importancia no desenvolvemento da música posterior dos séculos XX e XXI. Dalgunha maneira, Cage redifiníu o significado da palabra música, revisando o papel do compositor, do intérprete, da peza musical, do son e do acontecemento musical.
Este programa monográfico é una pequena mostra do seu traballo que comeza e remata con dúas interpretacións que o propio Cage fixo das súa pezas Fontana Mix e Williams Mix. Ámbalas dúas foron compostas por medio de sistemas de azar e pódense interpretar en concerto a través de músicos en directo ou de gravacións de música electrónica. Asímesmo, tamén escoitaremos a interpretación que Cage fixo da súa obra Imaginary Landscape nº 1, a cal é considerada a primeira peza composta de música electrónica e un claro precedente dos concertos de música electrónica en vivo.
Da súa etapa máis temprana escoitaremos Composition for Three Voices, peza composta baixo a influencia de Schoenberg na que emprega series de 25 notas, unha evolución das técnicas seriais da 2ª Escola de Viena. As súas pezas para percusión, todas elas xa clásicos na literatura destes instrumentos, estarán representadas por Living Room Music, obra con gran ímpetu rítmico, humor, teatralidade e surrealismo, na que os percusionistas non empregan ningún instrumento convencional na súa interpretación.
En Dream —composta para ser coreografiada por Merce Cunningham—, na Suite for Toy Piano e en The Wonderful Widow of Eighteen Springs mostra a súa predilección pola música de Erik Satie, na que a música modal, as sonoridades suaves e a preponderancia da melodía son evidentes, deixando ben ás claras o dinamismo que sempre mantivo na súa carreira como compositor. A Suite for Toy Piano tamén mostra a desmitificación que fai dos instrumentos musicais, utilizando un piano de xoguete como medio para facer música melódica. Por último, escoitaremos Prelude for Meditation e Sonate V, dúas pezas para piano de preparado, instrumento que lle debe a Cage o seu nacemento e importancia na música dos s. XX e XXI.
Diego Ventoso
Xoves 12 de abril de 2012. 20:15 h.
Auditorio do CMUS Lugo
PROGRAMA:
John Cage Fontana Mix (1958) electrónica
John Cage Composition for Three Voices (1934) acordeón, clarinete e saxofón tenor
John Cage Living Room Music (1940) percusión
John Cage Imaginary Landscape nº 1 (1939) electrónica
John Cage The Wonderful Widow of Eighteen Springs (1942) voz e piano pechado
John Cage Dream (1948) marimba e vibráfono (orixinal para piano)
John Cage Suite for Toy Piano (1948) (Mov. 2 e 5) piano de xoguete
John Cage Prelude for Meditation (1944) piano preparado
John Cage Sonate V (1948) piano preparado
John Cage Williams Mix (1953) electrónica
María Álvarez acordeón, Iván Martínez clarinete, Alejandro Troya saxofón tenor, Ismael Moeda, Xacobe Roca, David Travieso, Pablo del Valle percusión, Aránzazu García voz, Juan Ignacio Martínez piano pechado, piano de xoguete e piano preparado, Miguel Coira piano de xoguete.
XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2012
OPENING
Opening é unha viaxe ó mundo interior da muller a través da natureza e do son.
Baseándonos nesa percepción e formulando unha metáfora entre elementos da natureza como a auga, o aire, o lume e a terra e as diferentes fases da vida polas que pasamos as personas, preséntamos este traballo multimedia de música, danza, poesía e imaxe.
A Auga é a emoción, o nacemento….
O Aire é a liberdade verdadeira…
O Lume é a identidade, a paixón, o eu…
A Terra é a construcción, a solidez…
Alba Felpete
Martes 23 de outubro de 2012. 20:30 h.
Teatro Principal Santiago de Compostela
PROGRAMA:
Philip Glass Opening (Glassworks) (1982) marimba e danza
Iannis Xenakis Rebonds (1987-89) multipercusión e danza
Ben Hackbarth Open End (2007) vibráfono, electrónica en vivo e danza
Iannis Xenakis Psappha (1975) multipercusión e danza
I SEMANA DA DANZA DE LUGO
OPENING
Venres 27 de abril de 2012. 20:30 h.
Auditorio Gustavo Freire de Lugo
PROGRAMA:
Philip Glass Opening (Glassworks) (1982) marimba e danza
Iannis Xenakis Rebonds (1987-89) multipercusión e danza
Ben Hackbarth Open End (2007) vibráfono, electrónica en vivo e danza
Iannis Xenakis Psappha (1975) multipercusión e danza
ESPAZO IXOR
OPENING
Xoves 3 de maio de 2012. 20:00 h.
NORMAL. Espacio de intervención cultural Universidade da Coruña
PROGRAMA:
Philip Glass Opening (Glassworks) (1982) marimba e danza
Iannis Xenakis Rebonds (1987-89) multipercusión e danza
Ben Hackbarth Open End (2007) vibráfono, electrónica en vivo e danza
Iannis Xenakis Psappha (1975) multipercusión e danza
CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA CMUS LUGO
POEMA ELECTRÓNICO
Poème Électronique, considerado o primeiro proxecto multimedia da historia da música, foi unha colaboración do arquitecto Le Corbusier co músico Edgard Varese para o pabellón da compañía Phillips con motivo da Exposición Universal de Bruselas de 1958. A súa mensaxe central celebraba o progreso e criticaba a bomba atómica e os campos de concentración.
Tratábase dunha creación audio-visual de música electroacústica na que as imaxes proxectábanse no interior de dito edificio e na que durante oito minutos experimentábanse todo tipo de sensacións visuais e sonoras coa proxección de films, diapositivas, iluminación de distintas cores, efectos de son e vibracións, todas elas acadadas mediante un auténtico alarde de medios técnicos (350 altofalantes, 20 amplificadores, cañóns de luz, proxectores, , etc.) e onde a ruta espacial de cada efecto luminoso e sonoro fora calculada e manipulada con precisión.
Poème Électronique foi una complexa máquina que conseguíu unha síntese total da arte e tecnoloxía e onde a arquitectura foi, simultáneamente, forma, espazo, volumen, imaxe en movemento, cor, acústica e música, realizando, ó seu modo, o que xa anunciaran Wagner, Kafka, Ball, Leger, Duchamp e Schlemme: a obra de arte total. Hoxe en día, soamente pode interpretarse nunha versión aproximada, xa que a verdadeira peza pódese dicir que desapareceu co derruído pabellón Phillips.
Inspirándonos nesta obra e facendo un percorrido polo desenvolvemento posterior da música electrónicaelectroacústica e o uso que dela fixeron compositores con visións estéticas tan diferentes como os europeos Patrick Gallet, Jacob ter Veldhuis e Pierre Jodlowski, os americanos Steve Reich e Ben Hackbarth ou o australiano Martin Wesley-Smith, presentamos o espectáculo multimedia Poema electrónico.
Diego Ventoso
Luns 14 de maio de 2012. 20:00h
Auditorio do CMUS Lugo
PROGRAMA:
Edgard Varese Poème Électronique (1958) creación multimedia
Patrick Gallet Pour Quatre (1989) piano a 8 mans e cinta magnética
Martin Wesley-Smith White Knight & Beaver (1984) clarinete e electrónica
Pierre Jodlowski Typologies du Regard nº 4: État mécanique (2011) piano e electrónica
Steve Reich New York Counterpoint (1985) clarinete e cinta magnética
Ben Hackbarth Open End (2007) vibráfono e electrónica
Jacob ter Veldhuis Grab it! (1999) saxofón tenor e electrónica
Miriam Cancelo, Nuria García, Estela Villarabide, Redosinda Fernández, Juan Ignacio Martínez piano, Iván Martínez e José Ramón Saborido clarinete, Diego Ventoso vibráfono, Alejandro Troya saxofón tenor.
Agradecementos: Óscar Trigo (grabación New York Counterpoint), Túbal Perales (vídeo Grab it!), Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, Raquel González, Ángel Villar e I.E.S.P. As Mercedes.