O interese no contacto do alumnado coa natureza e a mellora da contorna é un tema recurrente en varios dos proxectos emprendidos no IES Menéndez Pidal.

Nos últimos cursos un bancal de matoxos se transformou nun horto no que traballan personal do centro e alumnado coa axuda da Fundación Paideia, o patio ten varias zonas axardinadas e nas paredes interiores e exteriores locen bonitos murais (un deles pintado pola Escola Pablo Picasso en recordo de Isabel Zendal, retora do Hospicio que houbo no lugar no que agora está o noso instituto).

Contribuíron a estes cambios as participacións nas edicións de Voz Natura, as subvencións do Concello da Coruña, as actividades do Club de Ciencia e os proxectos de formación de profesorado financiados pola Consellería de Educación.