25 Día da Ciencia na Rúa

Un ano mais participamos desde o IES Menéndez Pidal no Día do Ciencia na Rúa, que esta vez foi no Teatro Colón "da rúa ao teatro" con actividades de impresión 3d e de Xardinería en colaboración có CEE María Mariño.

"Da rúa ao Teatro"

Corte da presentación en escena no Teatro Colón (colgado na canle de Youtube do proxecto Deseño e Son)

Se poden ver todas as exposicións desa xornada no parque virtual de Emalcsa accedendo a través da ligazón https://www.emalcsavirtual.es/ ou en vídeo na canle de Vimeo do Concello de A Coruña.

Como fondo da presentación se proxectou un vídeo editado por Tatiana Carro de 1º de Bac en Tics con imaxes das actividades de Xardinería en Zalaeta e en CEE MªMariño. A banda sonora do video está composta por Mario Lage de 1º de Bac e interpretada por Isabel de la Puente, profesora de música.

Guillermo Gil, especialista do ciclo de Xardinería e viveirismo do CEE Mª Mariño formou aos grupos de 1º de ESO e de 1º de Bac na creación de solos, esgallos e inxertos e en colaboración có seu grupo de alumnado presentaron no teatro a actividade Garden Makers.

Participou alumnado de 1º de ESO de Ciencias Naturais e de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial.

Actividades coordinadas por Andrés Vázquez, Tono Frade e Paz Freire dos Dptos de Bioloxía, Lengua e Tecnoloxía.