Técnicas de separación

O alumnado de 4º de ESO da materia de Ciencias Aplicadas, e dentro das actividades programadas polo Club de Ciencia e Tecnoloxía, editou varios vídeos nos que se amosan as técnicas básicas de separación de substancias:

  • separación magnética,

  • decantación,

  • purificación de sulfato de cobre (II)

  • e cromatografía.

O proceso de gravación dos vídeos realizouse no laboratorio de Ciencias e a edición fíxose nas clases de TIC. O alumnado participante fixo unha presentación dos traballos realizados e do proceso de edición nas clases de Ciencias Aplicadas.

A actividade foi valorada positivamente e esperamos continuar coa edición de novos vídeos o vindeiro curso.

SeparaciónMagnética-ValentinaFran.mp4
Cromatografía.KattyD e LauraE..mp4
Decantación.Aleksi.Isabel.Óscar.mp4
Purificacion.Sulfato.de.cobre.Nerea.Iker.Adrián.mov

Actividades coordinadas por Luis Cruz e Paz Freire.