Desde Zalaeta participamos có noso proxecto inclusivo Deseño e Son, desde o Cafi elaboraron un vídero resumo do noso traballo (con fotos e clips que previamente enviamos).
Presentamos o proxecto desde o noso stand en realidade aumentada e con sala de chat creada para o evento, na que puidemos responder as preguntas dos visitantes.
Este ano a Maker Faire Galicia, unha das feiras maker máis importantes de Europa, celebrouse do 18 ao 22 de novembro e nun novo formato 100% online. Mediante o desenvolvemento dunha potente plataforma, a organización apostou por potenciar aquilo que consideran os seus valores diferenciais, o coñecemento compartido e o seu carácter interactivo. Neste novo formato, os participantes poderon vivir unha experiencia única desde calquera punto do planeta.
A Maker Faire Galicia engade unha xornada específica sobre educación na súa sexta edición, esta xornada celebrouse o 20 de novembro nun Museo Gaiás virtual, en horario de 09:00 a 18:00 horas. Nela houbo charlas con profesionais de referencia, obradoiros para todas as idades e exposición online de proxectos.
Foron presentados moitos proxectos educativos innovadores e sorprendentes, para esta xornada, onde se compartiu coñecemento coa comunidade educativa.
Dos proxectos se seleccionaron para competir en dúas categorías: minimaker (ata 16 anos) e maker (maiores de 16 anos), que particicparon na fase de concurso realizando unha presentación breve diante dun xurado experto que premiou ao máis innovador.
A xornada foi moi enriquecedora aprendemos con outros proxectos e demos a coñecer o noso con moi boas valoracións.
Un grupo de alumnado de 4º, 1º e 2º de Bacharelto preparou a presentación para o concurso, fixeron un traballo excelente aplicando a técnica de Elevator pitch para resumir un proxecto de anos en menos de 3 minutos.
Sara, Celia, Andrea, Amalia, Óscar, Iván, Hugo, Martina e Noa ensaiaron con Tono Frade e Paz Freire e practicaron presentando para os nosos socios da clase roja de CEE Lourdes, por videoconferencia e con máscaras por suposto.