Hábitos saudables

Afrontamos o curso 2020/2021 como un dos máis complexos e difíciles debido a situación derivado do covid-19, a pesar disto o departamento de educación física,con Ismael García Carballo e Francisco Soto, do IES Ramón Menéndez Pidal esforzouse en contribuír e fomentar no seu alumnad@ o tesouro que máis importante ten todo ser humano, que non é outro que a súa propia saúde.

Con este fin e a pesar das restricións actuais se levaron a cabo algunhas actividades complementarias coas medidas oportunas, que contribuíron a práctica de actividade física, coñecer as oportunidades próximas do seu entorno e disciplinas deportivas novidosas coas que manter un estilo de vida activo.

  • RUTA DE SENDEIRISMO NAS FALDAS DA TORRE DE HÉRCULES (marzo)

De forma interdisciplinar co departamento de bioloxía e historia, no mes de marzo realizamos con 3 grupos de 1ºeso, unha ruta de sendeirismo dende o centro ata a zona da torre de Hércules e volta o centro, de aproximadamente uns 5 quilómetros. Nos cales o alumnado podía facer uso de pulseiras de actividade para analizar parámetros da ruta (distancias, pasos, frecuencia cardíaca) para unha reflexión final e posta en común dos beneficios desta disciplina de carácter aeróbico na nosa saúde. Nesta ruta había diversas paradas informativas, nas cales se analizaba a flora (autóctona e invasora) e fauna... e tamén ademais un pouco de historia acerca da torre Hércules e de xeografía onde ao alumnado buscaba situar localidades próximas como a de Ferrol, Oleiros....

  • VISISTA O ROCÓDROMO DE RIAZOR (marzo)

Tamén no mes de marzo, pero agora cos 4 grupos de 1º da ESO, camiñando dende o centro achegámonos ata o pavillón de Riazor, para que os alumnos experimentaran nunha primeira toma de contacto con unha disciplina novidosa para moitos de eles, e que ademais se estrea nos próximos xogos olímpicos de Tokio, na cal o alumnado tivo que poñer en xogo capacidades físicas como a forza ou a flexibilidade e superaron medos e barreiras a medida que gañaban en altura para rematar cunha sensación de plena satisfacción.

  • BAUTISMO E SEMANA DE SURF (maio)

Avanzamos no curso e empezaba a chegar o bo tempo, que mellor maneira de facelo tendo o carón do centro a praia e o mar, que con un deporte neste medio, e que xa de inicio atrae a maioría do alumnado, si ademais este ten un alto compoñente de adrenalina, non podemos ter mellor fórmula. Pois con esta combinación, os alumnos de 1º da ESO tiveron un bautismo nesta disciplina de unha hora e media nas praias de Orzán e Matadero, que os deixou con ganas de máis surf.

Xa nos cursos de 2º,3º e 4º da ESO, se formaron dous grupos, nos cales cada grupo desfrutou de unha semana de surf, composta por tres tardes completas nas que se visitaron praias como a de Bastiagueiro, Caión ou Meda en busca das mellores ondas. Non só puideron traballar a forza, equilibrio, coordinación sobre unha táboa, tamén aprenderon a analizar as condicións e perigos do mar, para así desfrutar deste medio dunha forma segura.