Obradoiros con material xornalístico


Organizado por Luis Cruz e coa participación de grupos de ESO e Bac cós docentes Charo Martínez, Ana López, Andrés V e Paz Freire sobre Xornalismo e cultura científica, mestura imprescindible na situación actual de pandemia, con varias Sesións de EducaSINC .

Actividade da Fundación para la Ciencia y la Tecnología @fecyt_ciencia para promover o uso de materiais periodísticos nas aulas para mellorar a capacidade de análise crítico da información científica e o seu coñecemento.

O 3 de Nadal o alumnado de 2º ESO D, 4 ESO C e 4 º A (Ciencias Aplicadas) participou nun obradoiro EducaSINC organizado polo Club de Ciencia e Tecnoloxía do noso centro educativo no que a xornalista Eva Rodríguez ensinoulle aos participantes a recoñecer novas de dudosa veracidade que tod@s recibimos nos teléfonos móbiles, ou que aparecen en páxinas web cando facemos unha busca de información a través da Internet. Os exemplos que se traballaron estaban case todos realcionados coa COVID-19, pois durante o confinamento de marzo do 2020 houbo moito tráfico de novas falsas a través de redes sociais como Whatsapp, etc.

Unha das conclusións do obradoiro foi que decidir o que é veraz require un proceso de contraste de información que non se realiza habitualmente neste mundo de "presa" que nos tocou vivir. Asemade a xornalista informou aos participantes da posibilidade de consultar a expertos que de xeito voluntario analizan a veracidade dunha nova recibida no teléfono móbil, ou que aparece nunha páxina web. Como receita básica Eva Rodríguez indicou que debemos desconfiar de novas que non citen as fontes da información que recibimos.

O 21 de Nadal participaron no obradoiro: 2º de Bacharelato A, 2º ESO C, e alumnado de TIC de 1º de Bacharelato. Esperamos volver contar con esta actividade o vindeiro curso 21-22 dada a boa acollida que tivo entre o alumnado participante."