Nas redes en Twitter @DesenoE en Instagram @desenoson
Proxecto inclusivo e colaborativo da Asociación Cultural Zalaeta, do programa Cultura Accesible e inclusiva de Fundación Emalcsa no que participamos con actividades de Tecnoloxía e Música. Colaboramos có CEE María Mariño, CEE Nª Sra de Lourdes (Aspronaga), có CEE Elviña (Aspanaes) e a Fundación ONCE. Compartimos prácticas de aprendizaxe, ensaios e actividades (concertos, demostracións, materiais audiovisuais, etc).
Alumnado de Tics 1 de Bacharelato elaborou materiais con pictogramas como elementos de axuda á comunicación: historias sociais, guías visuais, apps e videoclips.
En todas estas actividades contamos coa colaboración de especialistas.
Alumnado de varios cursos participou nas actividades coordinadas por Tono Frade e Guillermo Gil de CEE MMariño , con plantacións de maceiras e outras froiteiras, fieitos arborescentes e arces no noso IES.
Con xogos de arrastrables e baseados na información sobre froiteiras galegas, ferramentas, e procedementos que nos aportadron os especialistas do CEE MMariño o grupo de TICS2 creou unha web para aprender con varios niveis de dificultade.
Dando continuidade aos planos de teatros táctiles e impresos en 3d no curso actual entregamos de planos de dous colexios ás especialistas da ONCE e unha verisón mellorada do plano do Teatro Colón no "Dia da ciencia na rúa" que este ano se celebrou alí.
Impresión de varios lotes de fichas Braille-Tinta para entregar na ONCE e facer chegar a personas usuarias. Os deseños das fichas e soportes finais se comparten tamén en repositorios libres para que quen queira as poida imprimir.