Creada no curso 21-22 a Praza das matemáticas é un lugar no que constantemente hai exhibicións de materiais moi imteresantes e na que se convocan outras como resolución de enigmas ou Concursos.
Volveron as exposicións á praza das Matemáticas:
O credo Mandaloriano amosouno o camiño neste curso.
Animamos a alumnado e docentes a pasar por alí que hai moito que ver... e informamos nas redes puntualmente.
Unha mostra nestas imaxes.
Volven as exposicións á Praza das Matemáticas un curso mais!!
Importante: Non olvidedes o consello mandaloriano para este curso e tamén repasade o alfabeto grego onde atoparedes números moi interesantes.
E volvemos a desfrutar das descomunais obras de Escher na praza!
A primeira vai dedicada a unha obsesión da humanidade: a medida do tempo. Bótalle un ollo, descubrirás calendarios fascinantes.
As nosa pantasmas, Gauss e Hipatia, deixannos os padróns destas cabazas nas nosas aulas virtuais.
Estas cabazas fanse con superficies seccionadas. Podedes visitar a páxina de María García Monera, profesora de Matemáticas na área de Xeometría e Topoloxía (https://www.uv.es/monera2/).
Nova exposición: Xente formidable na Praza das Matemáticas.
Sen ciencia non hai cultura.
Pásate pola exposición “xente formidable na cultura” feita polas túas compañeiras e compañeiros de 4º ESO.
A xeometría no mundo da decoración está á orde do día. Vémolo en estampados, obxectos, complementos, lámpadas... e tamén na decoración do Nadal!
Pasádevos pola Praza a ver ... e se queredes facer algunha destas figuras consultade na vosa aula virtual.
Con esta exposición inícianse as actividades 11F no centro.#11F2024
Historicamente relegadas da educación, da política, da participación social, da cidadanía... a sociedade impuxo ás mulleres o exercicio duns roles moi definidos, relacionados normalmente co coidado, a educación dos fillos e fillas, a alimentación, a familia... as tarefas do ámbito privado, doméstico.
Un ámbito importante, sen o que non existiría todo o demáis, pero desvalorizado socialmente. Agora ben, desde os inicios da civilización atopamos a mulleres que loitaron por saír da esfera do privado e ser recoñecidas no ámbito público.
Foi unha tarefa moi complicada que se ten que recoñecer a mulleres de todos os séculos e clases sociais. Só algunhas o tiveron un pouco máis sinxelo, debido a unhas especiais condicións familiares favorables.
Aínda así, a historia volveu a discriminalas invisibilizando o seu nome e as súas achegas á Cultura da humanidade.
Preténdese deixar constancia do esforzo e das achegas de mulleres, ao longo da historia, para que o alumnado as coñeza e identifique.
👰👩🏻🔧🧑🏭👩🏼🌾👩🎓🧑🏽🔬🧑✈️
Alumnado de 4⁰ ESO estuvo a facer grúas de papiroflexia no mes de abril, expostas ahora na Praza das Matemáticas .
Recordade que estas aves son símbolo da Paz.
Este ano celebramos a Castelao, un galego que foi moito máis que escritor: tamén foi médico, artista e defensor da nosa lingua. Como Rosalía de Castro, usou as palabras para loitar por unha Galicia máis libre e xusta.
Aínda que parezan moi distintos, letras e ciencias teñen algo en común: axúdannos a entender o mundo. Xa sexa escribindo un poema ou resolvendo un problema, dominar o vocabulario é esencial para pensar ben e expresarnos mellor.
Castelao e Rosalía ensínannos que coñecer a lingua non é só cultura: é poder. E que usala con conciencia pode cambiar as cousas.
Última exposición do curso na #Praza das Matemáticas.