Moi boa experiencia un ano mais no Día da Ciencia na Rúa 25 para tod@s @s participantes de Zalaeta. Expuxemos os nosos proxectos e aprendimos uns dos outros unha vez mais 👌.
Participamos compartindo espazo Zalatecno e CEE MªMariño, como na edición anterior .
O grupo de CEE MªMariño presentou os seus traballos, titoriais, plantas e sistemas de rego.
En Zalatecno presentamos actividades de Mulleres STEM, con Xogos, xogos de EDLG sobre galegas STEAM, deseños de Poliedros para IGACIENCIA, retos para Talentos inclusivos (tablero de pictogramas e obxectos de axuda para cadeira de rodas), experimentos con Son, un Mapa do Ceo diferente, posibilidades de reciclaxe das bobinas e caixas e filamento, carteis impresos en 3d e outras moitas cousas mais...
Programa especial de Radio de Día da Ciencia na Rúa 25, Presentación na radio CUAC Fm das actividades e proxectos de ZalaTecno. Explicación ao publico de actividades dos proxectos Talentos inclusivos entre outros. Participou alumnado de ESO (2º, 3º e 4º) e de 1º de Bacharelato. con Paz Freire.
Moitas Gracias aos Museos científicos, Asociación de Amigos da Cada das Ciencias, Concello de A Coruña e Emalcsa por organizar e/ou apoiar esta iniciativa... e a todas as personas colaboradoras que o fan posible.
#DCR2024 #cienciarua2025.