Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega o 14 de febreiro de 2025, no Recreo creativo do EDLG, quixemos homenaxear as mulleres científicas e baseámonos en personalidades galegas principalmente; cun concurso sobre o 11F acompañado dunha exposición creada para esta semana e relacionada co tema: o alumnado tiña que, agrupar unhas cartas, que se correspondían coa ciencia e co texto que conectaba, na maior parte dos casos, coa foto de cada unha das mulleres científicas.
As persoas do alumnado que participaron no concurso o fixeron moi ben. E o xogo de cartas estará dispoñible para poder coñecer a estas mulleres e a que actividade se dedicaron, amais de saber algo máis delas en calquera momento.
Todo isto en colaboración co Club de Ciencia do noso centro e coa profesora Paz Freire Campo (que produciu o vídeo resumo), amais de que algunha información e imaxes están retiradas da web #STEAM 11F Zalatecno" (con materiais creados por alumnado doutros cursos e que segue a medrar)
Parabéns!!!!
María Josefa Castro López