Organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro do proxecto que se vén desenvolvendo de actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, especialmente para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia.
O obxectivo fundamental destes talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas. Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ámbolos dous.Nesta ocasión o alumnado de 4º da ESO coñeceu a Maurits Cornelis Escher, mestre das figuras imposibles, das ilusións óptica e dos mundo imaxinarios.
Actividade promovida polo departamento de Matemáticas.#igaciencia #STEAM