Colaboracións de Zalatecno con Agrupación astronómica ÍO para observacións, obradoiros de planisferios e creación de materiais inclusivos iniciada en cursos pasados.
Somos entidade colaboradora.
Cun dous grupos de 2º de ESO e un de 3º que creou tarxetas de conselacións e un mapa do Ceo curioso, que levamos a Día da Ciencia na Rúa e a Cullerciencia baseados nas medallas táctiles de constelacións (deseñadas por compañeiros-as de cursos anteriores) para que o grupo ÍO empregue nas súas sesión de observación e charlas inclusivas.
No obradoiro aprendemos a identificar as constelacións segundo o día e a hora solar empregando o planisferio que recortamos e montamos.
Apuntamentos de Astronomía e Contaminación Lumínica cun grupo de Bacharelato a cargo de Agrupación astronómica ÍO, coñecimos os materiasi da súa web e o xogo Viaxe pola noite iluminada,
Continuamos colaborando 👌👌🏿👌🏻
Inspiradas nas medallas de constelacións con grupos de 2º de ESO creamos tarxetas para xogar a recoñecer as constelacións, con cinta de cobre e leds, despois situamos as constelacións nun ceo ficticio e levamos o ceo a diferentes eventos.
preparado para que o grupo ÍO empregue nas súas sesión de observación e charlas inclusivas.
As medallas teñen estrelas en relevo e o nome en tinta e Braille.
Pensadas para personas con discapacidade visual.
Ademais as estrelas son de material luminiscente e poden verse na escuridade, facendo este material interesante para personas que poden ver tamén.
Serviron como base para as tarxetas deste curso e para esta versiñon do Mapa do Ceo.