Entrevistadora: Rocío Pena Iglesias
Informante: Manuela Jesusa Fosado Dafonte
Procedencia: Castelo, Trazo [información 2025, Sofía D.P.]
Data e lugar da gravación: 1 de xuño do 2002
(75 coplas)
Coplas I1 a I7
Coplas I10 a I14 (con pandeireta)
Coplas I31, 32,57, 54, 70 e I72 a I75
I1
Sei dun niño de carrizo
no porreiro dos cebolas
vamos carriciño, vamos
vamos ver as tascadoras.
I2
Cando eu quixen, non quixeches
conmigo tomar amores
agora arrinca codesos
que os hai nos arredores.
I3
Este pandeiro que toco
non é meu, que é de María
que mo dou emprestado
para ir á romaría.
I4
O pandeiro que toco
era de coiro de ovella
onte pacía no campo
hoxe toca que rabea.
I5
D'onde vés María
veño de lava-la roupa
polo río arriba
dunha pedra noutra.
I6
María se vas
ó río lavar
non tórza-la roupa
que a podes rachar.
I7
D'onde son aqueles guapos
que veñen polo portelo
éche a ran e mailo sapo
o deño do escarabello.
I8
Pola porta para fóra
sáese polo corredor
anque vaias e non volvas
ha de vir outro mellor.
I9
Pensaches que te eu quería
érache un engano teu
desa túa hermosura
non me namoraba eu.
I10
Toca miña pandeireta
senón heite de rachare
que me custáche-los cartos
axúdamos a ganare.
I11
Sei cantar e sei bailare
sei toca-la pandeireta
tamén sei falar contigo
non me tóque-la puñeta.
I12
O paxaro de María
anda alí nas miñas cereixas
come paxariño come
verémo-las que me deixas.
I13
O paxaro cando chove
mete o rabo na silveira
así fai a boa nena
cando non ten que na queira.
I14
Se me queres, querereite
senón, reguárdate ben
o mundo é moi ben largo
non falta quen me queira ben.
I15
Miña nai era unha pobre
crioume na boa vida
e agora en vez de traballar
ando de romaría en romaría.
I16
Oliveira ben plantada
sempre parece oliveira,
unha nena ben casada
sempre parece solteira.
I17
Pensaches que te eu quería
érache un engaño teu
nesa túa hermosura
non me namoraba eu.
I18
Carmelo da Tía Pepa
e mais outra faldroeira
tiraron ó tío Laranxo
de porta no borralleira.
I19
Teño unha herba na horta
que lle chaman a laberca
non tuveches que decir
quedaches coa boca aberta.
I20
Unha vella dille á outra
polo burato do porta
ti goberna a túa vida
que a miña nada che importa.
I21
Ai miña Lola
Ai miña Lola
mentres vivan teus pais
non andes polo mundo sola.
I22
Somos dos compañeritas
nos llevamos como hermanas
en la pila bautismal
no las hay más resaladas.
I23
O cantar dos arrieiros
é un cantar moi agudo,
ten un descanso no medio
pra decir: Arre burro!
I24
A muller do paragüeiro
arregla potas porcelanas
que tamén ten o costume
de subir polas ventanas.
I25
Sei cantar e sei bailar
e sei toca-la pandeireta
tamén sei falar contigo
non me tóque-la puñeta.
I26
Anduvécheste alabando
de que non me podías ver
Dios llo pague a quen mo dixo
que estimeino de saber.
I27
No te quiero, no te quiero
a la cara te lo digo
no me criaron mis padres
para me casar contigo.
I28
Nena que estás na ventana
coas puntas do pano fóra
retíraas para dentro
que a min o pano non me namora.
I29
Si quieres venir, vente
yo me voy a divertir
a los caños de una fuente
a ver el agua salir.
I30
Teño unha, teño dúas
teño tres, non quero máis
teño unha nena engañada
non quero engañar a máis.
I31
A subila e a baixala
a costa do San Román
a subila e a baixala
perdín o pano da man.
I32
Tirei un limón a rolos
na túa porta parou
cando o limón ten amores
que fará quen o botou.
I33
Pensas de rir de min
vaste rir de túa nai
rise o pote do caldeiro
cousa máis fea n'a hai.
I34
Vexo Vigo, vexo Vigo
tamén vexo Redondela
vexo a fonte de San Paio
camiño da nosa terra.
I35
De piedra ha de ser la cama
de piedra la cabecera
el hombre que a mí me quiera
me ha de querer bien de veras.
I36
O muíño de meu pai
bota fariña derredor,
as nenas que van a el
todas cambian de color.
I37
O caravel e maila rosa
fóranse lavar ó río
o caravel era pillo
e foi tirar a rosa no río.
I38
Rosalía, Rosalía
tus colores donde van
cásate conmigo, Rosa
tus colores volverán.
I39
Xa me dixo ten pai
que te chame a bailar
e no medio do baile
te deixe quedar.
I40
Eu cantar, cantaba ben
a gracia non era moita
quedoume no lavadoiro
cando fun lava-la roupa.
I41
Mariano ton un galo
que canta como as galiñas,
mata o galo, Mariano
que che morre coa morriña.
I42
O paxaro cando chove
mete o rabo na silveira
así fai a boa nena
cando non ten quen a queira.
I43
Voume subir ó alto
que do alto vexo ben
vexo a casa de miña sogra
que ventanas boas ten.
I44
Miña sogra anda decindo
que non me quere pa nora
quen lle dixo a esa muller
que eu a quería pa sogra.
I45
Pasei pola túa porta
pedinche auga e non ma deches
cando ti pases pola miña
fareiche como me fixeches.
I46
Mi madre me lo decía
yo también lo considero
el que no tiene cabeza
no necesita sombrero.
I47
Ollos verdes son traidores
azuis son mintireiros
os castaños parrandistas
e os negros namoradeiros.
I48
Las estrellitas del cielo
nadie las puede contar
que las tiene Dios dispuestas
cada una en su lugar.
I49
La luna te mandó besos
el sol te manda cantares
yo a ti cariño mío
te mando felicidades.
I50
Unha nena nunha fonte
por unha verza bebía
como a verza estaba rachada
toda a auga lle vertía.
I51
O paxaro de María
anda nos miñas cereixas
come, paxariño, come
veremos as que me deixas.
I52
Este ano hai moito trigo
casamentos que ha de habere
hase de casar [a fame
coas ganas de comere].
I53
Te quiero, porque te quiero
y porque me da la gana
porque me sale de dentro
de las entrañas del alma.
I54
Tanta laranxa, laranxa
tanto limón polo chan
tanta neniña bonita
sen lle poder botar man.
I55
A raís do toxo verde
é moi mala de arrincar
tamén o primeiro amor
é moi malo de olvidar.
I56
Aparta loureiro verde
deixa clarea-la lúa
que estou no medio do monte
e non vexo casa ningunha.
I57
Amores ó lonxe, ó lonxe
ó lonxe ben
canto máis ó lonxe
máis cariño se lle ten.
I58
Como quieres que te quiera
y que te tenga que querer
si la gente de tu casa
a mí no me puede ver.
I59
A la luna de Valencia
dice que le falta un día
a ti te faltan dos años
morena para ser mía.
I60
Morenita tiene que ser
la tierra para dar nabos
el hombre que ha de ser mío
tiene que ser molido a palos.
I61
Mosco Marela,
mosca marela
érguelle o rabo e
mételle a vela.
I62
Si te quieres casar
con las chicas de aguí
tienes que ir a buscar
capital a Madrid.
I63
Con las chicas de aquí
no me quiero casar
capital a Madrid
no lo voy a buscar.
I64
Vivir na Coruña
que bonito é
andar de parranda
e durmir de pé.
I65
Ai amor, amor
quen che dixo a tí
que a flor de foxo
se chamaba alecrín.
I66
Golondrina, Golondrina
tú que vas cruzando el mar
llévale un abrazo a mi tía
que allá en la Argentina está.
I67
A regueifa está na mesa
o paner de millo
a novia que casou hoxe
está libre dunha duda
está libre dunha duda
está libre de rabear
da primeira paridura.
I68
Dálle a volta Rosa
senón doulle eu
teu pai é meu sogro
e a nora son eu.
I69
Vaite lavar, porcona
vaite lavar
Se non che chega o río
tírate ó mar.
I70
Date la vuelta Pepe, date la vuelta
que te quiero ver el horro de tu chaqueta
de tu chaqueta Pepe, de tu chaqueta
date la vuelta Pepe, date la vuelta.
I71
Santaia costa arriba
Santaia costa arriba
dos mociños de Santaia
non hai cabrón que se ría.
I72
Casteliño ten a sona
Casteliño sona ten
Castelino ten a sona
de contar e bailar ben.
I73
O piollo está enfermo
no hospital de San Roque
anda pulga vaino vere
que o piollo está á morte.
I74
O cura e maila criada
ordenaron de cocere
a leña estaba no monte
a fariña por moere.
I75
Teño unha herba na horta
que lle chaman sartapegha
para contestar comigho
vaite lavar cara neghra.