Coplas L2-L13
Coplas L14-L26
Entrevistadora: Eva Mosquera Andrade
Informante: Manuela Morlán Noya
Procedencia: A Baixa, Trazo
Data e lugar da gravación: 1 de xuño do 2002
(26 coplas e entrevista gravada)
L1
O piollo e maila pulga
ordenaron de casar
ordenaron a festa
e non tiñan pan.
L2
Saliu a formiga
do seu formigale
panadera soye
venía a buscare.
L3
Para nuestra boda
panhe ya tenemos
nos falta al cuchillo
donde lo hallaremos.
L4
E saliu o grilo
do seu buratiño
ferreiriño soye
venía a buscare.
L5
Para nuestra boda
cuchillo tenemos
nos falta el mantele
donde lo hallaremos.
L6
E saliu a araña
do seu arañale
tecelana soye
venía a buscare.
L7
Para nuestra boda
mantel ya tenemos
nos falta la carne
donde la hallaremos.
L8
E saliu o raposo
detrás do toxeiro
carnicero soye
venía a buscare.
L9
Para nuestra boda
carne ya tenemos
nos falta el padrino
donde lo hallaremos.
L10
E saliu o rato
detrás do muíño
se prendei-lo gato
eu serei padriño.
L11
Para nuestra voda
padriño ya tenemos
nos falta madriña
donde atoparemos.
L12
E saliu a ran
de su fuente fría
celebren, celebren
que eu serei madriña.
L13
Foron pra casare
detrás do muíño
e ceibouse o gato
comiu o padriño.
L14
A aldeíña da Baixa
heina de afundir a tiros
hai unha mociña nela
que me leva os cinco sentidos.
L15
Nesta aldeíña haie
quen a min m'anda vendendo
vámola á disimulada
comprender ben o comprendo.
L16
Carreteira para diante
hoxe aquí non hai parada
qu'as rapaciñas da Baixa
todas ten palabra dada.
L17
Agora que ven o tempo
o tempo das esfolladas
para comer coas nenas
catro castañas asadas.
L18
Fun baixa-lo pasadoiro
na corredoira hai lama
aluméame neniña
cunhas pallas encendidas.
L19
Arrimeime a un pino verde
i a ver se me aconsellaba
el pino como era verde
en vez de cantar lloraba.
L20
Este pandeiro que toca
non é meu, que é de Manuela
que me prestou onte á noite
para ir á cacharela.
L21
Estas miñas manos de oro
heinas de mandar dourar
tanto tocan no pandeiro
como che van traballare.
L22
As miñas mans son de brillo
As miñas mans son de brillo
Tanto tocan o pandeiro
como che sacha o millo.
L23
A raís do toxo verde
é moi mala de arrincare
tamén o primeiro amor
é moi malo de olvidare.
L24
Aquel mociño non canta
porque non ten alegría,
non se fan cousas de noite
que non se sepan de día.
L25
Tódolos males fai Xan,
Tódolos males fai Xan,
agora Xaniño foise
e os males inda se fanhe.
L26
Para que te quiero yo
Para que te quiero yo
para rir y pasar tiempo
para otra cosa no.