Entrevistadores: Raquel Varela Grela e José Manuel Bodelo Gómez
Informante [5/E]: Carmen Parcero Regueiro
Procedencia: Lestrove, Benza, Trazo
Data e lugar da gravación: 4/6/2002, Lestrove
E1
Miña revoltiadora,
miña revoltiadora,
botaches a cama fóra,
donde vas durmir agora.
E2
O meu amor é celoso
eu tamén vivo celando
imos un atrás doutro
como rapaces do gando.
E3
O meu amor é pequeno
eu tamén así o quero
meto debaixo do saio
parrandeo cando quero.
E4
Teño un caravel na boca
os dentes son as folliñas
gustáronme as túas falas
pero dasme moi pouquiñas.
E5
Cantariño hei de aprender
Cantariño hei de aprender
anque non gane diñeiro
gano para me mantere.
E6
Porque che falei un ano
pensaches que te quería
inda che hei de falar hoxe
coa mesma picardía.